+034 986 09 02 04 Domingo 17 de Novembro de 2019

SETENTA E CINCO NENOS E NENAS PARTICIPAN NOS CAMPAMENTOS DE CONCILIACIÓN DO CONCELLO DE REDONDELA


As actividades desenvólvense, para todos grupos, nas instalacións do IES Mendiño de xeito que “os nenos e nenas dispoñen de máis espazo nun entorno moito máis adecuado” sinala a alcaldesa Digna Rivas

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, achegouse na mañá de hoxe ata as instalacións do IES Mendiño onde se están a desenvolver as actividades do Campamento que organiza o Concello redondelán de cara a permitir a conciliación laboral e familiar durante este mes de xullo.
A rexedora local compartiu un tempo cos nenos e nenas que mantiveron unha fluída e divertida conversa coa alcaldesa redondelá.
Digna Rivas chamou destacou o acerto do cambio de emprazamento para a realización desta actividade. No pasado ano, explicou a alcaldesa de Redondela, “as actividades tiñan lugar no Pousadouro e no Multiúsos, dous lugares pouco axeitados xa que no primeiro (o Pousadouro) desenvolvíanse as actividades do obradoiro de cantería, totalmente incompatible cun campamento infantil, e no Multiúsos os nenos e nenas tiñan que soportar elevadas temperaturas ao non ser un lugar pensado para o desenvolvemento de iniciativas destas características”.
Por contra, no IES Mendiño e pola amplitude das instalacións do pavillón do centro, os distintos grupos do Campamento de Conciliación poden desenvolver as súas actividades con maior comodidade e nun entorno máis adecuado contando ademais, por se fora preciso, cun espazo exterior amplo e seguro.
As actividades do Campamento de Conciliación desenvólvense de 9 h a 14 horas ata o vindeiro día 31 de xullo e permiten que os proxenitores ou persoas responsables dos nenos e nenas podan conciliar a vida laboral e familiar no tempo de vacacións. Amais, a propia estrutura do campamento, alterna as actividades lúdicas coas didácticas.

Deja un comentario