+034 986 09 02 04 Venres 15 de Novembro de 2019

UNHA TRINTENA DE MOZOS E MOZAS PARTICIPA NO PROXECTO “A LAMA PASO A PASO” DA OMIX E A DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE


Unha andaina polas carballeiras de Antas marcan o inicio desta iniciativa xuvenil de dinamización e o desenvolvemento no rural a través de obradoiros e saídas para aprender nocións básicas relacionadas co patrimonio natural do municipio e o sedeirismo

 

Unha trintena de mozos e mozas participa no proxecto “A Lama Paso a Paso” que pon en marcha a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) co financiamento da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.

A primeira actividade desenvolveuse esta mañá cunha andaina polas fragas e carballeiras de Antas, un percorrido de 5,5 quilómetros coa intención de que os participantes adquiriran novos coñecementos e compartiran experiencias relacionadas co patrimonio natural do municipio e o sendeirismo.

Os participantes foron recibidos no punto de saída polo concelleiro de Cultura e Deportes, Daniel Vidal, e a técnica municipal responsable da OMIX, Cristina Villaverde, ademais de monitores da empresa Alecrín, especializada en actividades de tempo de lecer e interactuación co medio ambiente.

Nesta saída por Antas, os participantes aprenderon tamén nocións básicas de aplicacións móbiles destiñadas ao esparcemento no medio natural coma Google Maps, Wikiloc, Geocaching, Marcaxe e Sinalización, Cartografía, Brúxulas, Apps para móviles coma GPS Status, Geo Tracker.

Na presentación previa da actividade o concelleiro de Cultura e Deportes, Daniel Vidal, deu a benvida aos participantes e lembrou que o Concello da Lama pon en marcha esta iniciativa xuvenil a través da OMIX para promociona-los enormes valores medioambientais, paisaxísticos e culturais que atesoura este municipio, ocupándose sempre de potenciar comportamentos e actitudes positivas entre os máis xóvenes.

As actividades ao aire libre realizaránse nos vindeiros meses de xullo e agosto no municipio, realizando diferentes rutas, encontros e actividades.

Os interesados en participar nesta iniciativa poden dirixirse á OMIX de A Lama, en Avda. do Concello nº 3-36830 A Lama ou poñerse en contacto chamando ao Telef. 986 76 82 38 (ext.4).

Deja un comentario