+034 986 09 02 04 Martes 19 de Novembro de 2019

REPRESAS IGNORA O INFORME DESFAVORABLE DE INTERVENCIÓN E APROBA SUBIR Os SOLDOS E AUMENTAR OS SALARIOS DOS SEUS NUN 60%


O informe de intervención alerta de que “non existe crédito” para facer fronte a esta gran subida salarial e por tanto denega o acordo

O Grupo Municipal do PP de Ponteareas denuncia que Represas aprobou, no pleno extraordinario deste xoves, un acordo para subir o seu salario e o dos seus concelleiros nun 60%, subida salarial que conta co informe desfavorable do servizo de Intervención.

A portavoz popular, Belén Villar, solicitou a súa retirada por tratarse dun acordo ilegal. “Esiximos que a interventora municipal asistísenos no pleno e o alcalde denegounos ese dereito. Solicitamos a retirada deste punto que non conta con informe favorable por non dispoñer, entre outras cousas, de crédito para esta subida salarial”.

Villar lémbralle a Represas que aínda non terminou de cumprir cos empregados públicos e xa se queren subir a eles mesmos os soldos.

A subida salarial que propón Represas para o seu goberno é dun 60%. Antes na oposición esixían que o goberno tivese só 5 dedicacións e agora pasan a 7, co cal o custo de salarios da Corporación pasa de 195.000 euros a máis de 300.000 euros ao ano.

A retribución por asistencias a xuntas de gobernos, ás que só acoden os concelleiros do goberno, non a oposición, aumentan un 67%, pasando de cobrar 66€ por 1 hora de traballo a cobrar 110€. E igualmente aumentan unha media do 50% as asistencias a comisións informativas e a plenos.

Villar lembrou no pleno que Represas renuncia a estar en nómina do Concello porque a súa pensión como ex empregado de banca é maior, pero que a retribución que percibe equipara esa nómina xa que cobra por todas as asistencias a xuntas de goberno, comisións, plenos e tamén se lle abonan quilometraxes percorridas. «Mire, #fixar, nun só mes nin máis nin menos pasou vostede 3.000 euros de gasto en quilómetros. Debeu de dar a volta a España un par de veces para ter tanto gasto en gasolina».

O Grupo Municipal do PP solicitou a Represas que non engane aos seus veciños cando falan de aforro, “vostedes cústanlle máis a este concello que os anteriores gobernos. E coa subida que acaba de aprobar está a estafar a todos os ponteareáns. O gasto destinado só aos seus soldos aumentará nun 60%. Convértense vostedes no Goberno máis caro da historia de Ponteareas”, sentenciou Villar.

Deja un comentario