+034 986 09 02 04 Venres 06 de Decembro de 2019

XA SE PODE GOZAR EN CAMBADOS DAS FOTOGRAFÍAS DE RUTH MATÍLDA ANDERSON


  • A alcaldesa de Cambados Fátima Abal asinou un convenio con Afundación (Obra Social Abanca) para que todos os cambadeses e cambadesas poidan gozar desta exposición

No día de onte a alcaldesa Fátima Abal asinou un acordo coa fundación de Abanca e inaugurado o que vai ser unha das exposicións mais interesantes da provincia, onde todos os visitante e moi especialmente os cambadeses e cambadesas poderán gozar das fotografías da famosa fotógrafa Ruth Matilda Anderson.

No ano 1924 desembarcaba no porto de Vigo acompañada do seu pai a fotografa investigadora da Hispanic Society de Nova York Ruth Matílda Anderson, esta muller realizou dúas extensas campañas fotográficas de 1924 a 1926 que definiron a metodoloxía fotográfica da Hispanic Society, dedicouse a fotografar as costumes do pobo galego, e documentar a vida das xentes especialmente das zonas de complicado acceso.

Poderase gozar desta exposición nas instalacións de Exposalnés dende o 4 ao 28 de xullo de 2019 en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 os luns e os venres, os sábados e festivos respéctanse os horarios sendo a apertura ás 10:30 e os domingos de 10:30 a 14:00 h.

A alcaldesa no discurso de presentación agradeceu á Fundación Abanca a súa implicación ao contar co concello de Cambados para expoñer estas fotografías e confirmaba con estas cooperacións que cambados e unha vez máis un referente cultural na comarca do Salnés.

Deja un comentario