+034 986 09 02 04 Domingo 17 de Novembro de 2019

O ALUMNADO DA ESCOLA DE EMPRENDEMENTO VISITA O VIVEIRO DE EMPRESAS DE VEIGADAÑA


A actividade consistiu nunha saída didáctica complementaria ao seu proceso formativo como emprendedores

O pasado mércores os 15 participantes da Escola de Emprendemento (EmprendeMOS) visitaron o edificio do novo Viveiro de Empresas do Parque Empresarial PEMOS Veigadaña (que xestiona AEMOS), como actividade didáctica incluída no seu proceso formativo.

A Escola de Emprendemento (EmprendeMOS) desenvólvese todos os mércores e prolongarase ata o vindeiro 31 de outubro.

Entre os participantes na Escola hai emprendedores con ideas empresariais innovadoras, tales como Escola de Shiatsu, funerarias innovadoras, terapias alternativas e benestar físico, comercio online, restauración vinculada ó Camiño de Santiago, campo de golf rural, enerxías renovables, perruquería canina con servizos a medida, …

Os mentores que desenvolven a Escola, son Avelino Correa e Pablo Osorio, expertos en Start – Ups, e seguirán desenvolvéndoa ata finais do mes de outubro, todos os mércores, en sesións de formación e mentoring, coa idea de apoiar ás persoas emprendedoras participantes na avaliación das súas ideas, e acompañalas na súa maduración.

Os participantes aprenden como empezar a emprender, que datos económicos se deben avaliar e ter en conta e como executar na práctica a súa idea de emprendemento.

Todas as sesións da Escola de Emprendemento EmprendeMOS celébranse en horario de 10:00 a 13:00 horas. É necesario inscribirse en info@axenciadecolocacionmos.es ou ben na propia sede da Axencia de Colocación de Mos.

Deja un comentario