+034 986 09 02 04 Xoves 14 de Novembro de 2019

A EOXI DE PONTEVEDRA E O SALNÉS APOSTA POLA COLABORACIÓN E O TRABALLO DE EQUIPO DOS SEUS FACULTATIVOS DE ATENCIÓN PRIMARIA PARA GARANTIR A COBERTURA ESTIVAL DE GARDAS NOS PAC´S


Responsables da EOXI mantiveron en pasadas datas en Pontevedra unha xuntanza técnica de planificación estival co persoal medico, na que se profundizou na casuística actual de ausencia de profesionais

A EOXI de Pontevedra e O Salnés aposta pola colaboración e o traballo de equipo dos facultativos de Atención Primaria para garantir a cobertura das gardas estivais dos Puntos de Atención Continudada da área sanitaria. Neste senso, responsables da EOXI mantiveron en pasadas datas en Pontevedra unha xuntanza técnica de planificación estival co persoal medico dos PAC´s, na que se profundizou na casuística actual de ausencia de profesionais. Así mesmo, requeriuse a súa colaboración e aportación de plantexamentos cara a xestionar con garantías de continuidade as medidas asistenciais, loxísticas e operativas a tomar.

Cómpre sinalar que a actividade asistencial dos facultativos que prestan servizo nos Puntos de Atención Continuada do SERGAS, de conformidade cos acordos sindicáis asinados no seu día, contempla unha xornada ordinaria anual que abrangue as 1.451 horas. Dita xornada pode ampliarse a solicitude da Xerencia por necesidades derivadas da indispoñibilidade de profesionais, para a debida cobertura asistencial dos distintos dispositivos de urxencias extrahospitalarias.

Dada a actual ausencia de profesionais para garantir a continuidade asistencial estival e permitir o aproveitamento das vacaciones dos profesionais, a EOXI solicitou a súa colaboración, plantexando que, de ser preciso, seránlle asignadas gardas médicas nos Puntos de Atención Continuada a aqueles facultativos que actualmente teñen realizada menos xornada, con fin de efectuar un reparto da mesma dun xeito equitativo entre todos os profesionais.

Agradecemento por garantir a asistencia
A EOXI de Pontevedra e o Salnés, reitera o seu agradecemento ao colectivo médico de Atención Primaria da área sanitaria por garantir a asistencia neste período estival, á vez que agradece a importante implicación do resto de profesionais dos Puntos de Atención Continuada cara a dar continuidade ao servizo.

Deja un comentario