+034 986 09 02 04 Xoves 14 de Novembro de 2019

A XUNTA EXECUTA ACTUACIÓNS DE CONSERVACIÓN E LIMPEZA NO REGO AS UCHAS, NO CONCELLO DE CANGAS


Estes traballos de mantemento lévanse a cabo no treito interurbano deste río ao seu paso polo lugar das Uchas, na parroquia de Hío

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación no rego As Uchas, no Concello de Cangas.

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo no treito interurbano deste río ao seu paso polo lugar das Uchas, na parroquia de Hío.

As obras céntranse na Retirada de árbores e pólas caídas sobre a canle e marxes, así como a madeira morta existente e rozas selectivas e eliminación de masas localizadas de especies invasoras (caña común). Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Sur e as súas zonas de acceso e protección.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, mediante este tipo de tarefas, continúa realizando traballos na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.

Deja un comentario