+034 986 09 02 04 Xoves 14 de Novembro de 2019

PRETO DE 2.000 PERSOAS ASISTEN AO FESTIVAL ‘SOLPOR MONTEFERRO’ QUE CONTINÚA HOXE CON MANUEL MANQUIÑA COS ‘FABULOSOS WEEKEND’, MON BAND E GAIN OVER


‘Solpor’ vivíu onte a súa xornada máis multitudinaria ata agora no increíble miradoiro de Monteferro, confirmándose como un dos festivais máis singulares da provincia e que máis expectación xenera
Preto de 2.000 persoas gozaron onte da primeira xornada de ‘Solpor Monteferro’, festival musical organizado polo Concello de Nigrán que se celebra neste increíble miradoiro á tardiña e que onte batíu records de asistencia dende a súa creación en 2017. O evento arrancou ás 20:30 coa cantante catalana María Yfeu e pechou co grupo local The Mirror. Nesta segunda xornada que pon fin ao terceiro Solpor será o turno de Mon Band, Gain Over e Fabulosos Weekend (grupo liderado polo actor Manuel Manquiña). O Concello agarda que hoxe sexa unha xornada aínda máis multitudinaria ao tratarse de sábado e contar con tres bandas, entre ellas a do polifacético Manuel Manquiña. Este ano o festival conta coa colaboración de Cervezas Alhambra, que aposta por experiencias coma estas nas que se debe gozar con tódolos sentidos, comprendendo e aproveitando aquelo que se está a presenciar.
Gain Over (escuela de rock), fantásticos músicos que representan o gran talento local nigranés ao igual que Mondband con Mon Cancela ao fronte, estos últimos chegan con disco novo baixo o brazo e moitas ganas de presentar as súas magníficas cancións. Los Fabulosos Weekend está considerado un conxunto musical show, que non se limita a interpretacións musicais lineais traducindo libremente ao español ou galego éxitos anglosaxóns e propios, se non que ademáis o actor e cómico Manuel Manquiña encárgase de manter a atención e facer gozar ao público coas súas ocurrencias e entrega, estando arroupado por unha sobresaínte banda, poderosa en polifonía, especialidade non habitual nos grupos pop actuais.
‘Solpor’ congregou o ano pasado a máis de 3.000 persoas no increíble miradoiro de Monteferro, confirmándose dende a súa primeira edición nun dos festivais máis singulares da provincia e que máis expectación xenera. Organizado nun espazo protexido, o máximo respecto medioambiental reinou sempre e seguirá a ser unha prioridade para o Concello de Nigrán. Un ano máis, o obxectivo é gozar da música ao aire libre e nunha contorna privilexiada, nun palco proxectado cara ao Atlántico sobre o máis grandioso dos escenarios. Neste lugar, fronte ás Illas Estelas, entre as caricias da brisa mariña e os aromas de sal e monte, os “solpores” permiten vivir experiencias musicais aumentadas: un xeito distinto de desfrutar dun concerto, cos cinco sentidos postos na contorna e sumando ao ritmo das ondas o das mellores actuacións en vivo.
Esta sublime localización e a indubidable calidade artística dos grupos participantes – case todos eles con raigame en Nigrán- fan, sen dúbida, que a maxia do solpor tome unha nova dimensión en Monteferro.
Cervezas Alhambra, unha deliciosa oferta culinaria ampliada e, por vez primeira, un mercadillo con productos exclusivo,s completan este acontecemento único.

Deja un comentario