+034 986 09 02 04 Domingo 17 de Novembro de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A COMARCA DE VIGO ACOLLE ESTE MES DE XULLO CATORCE NOVAS ACCIÓNS FORMATIVAS DO PROGRAMA “SMARTPEME”


O programa de asesoramento no ámbito das TIC da Deputación de Pontevedra está destinado ás persoas emprendedoras, autónomas e ás pemes da provincia

As oficinas do programa “SmartPeme” da Deputación de Pontevedra en Vigo, Ponteareas e O Porriño acollerán durante o mes de xullo un total de 14 accións formativas (4 en Vigo, e 5 en O Porriño e en Ponteareas) para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade. Deste xeito, “SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.

A oficina de Vigo acollerá os seguintes obradoiros: “Ferramentas de Google para a promoción de negocios locais”, o xoves 11 de xullo, ás 19 horas. O martes 16, ás 17 horas, terá lugar “Crea unha páxina profesional con WordPress”. O xoves 18 de xullo, ás 17 horas, impartirase “Como mellorar o posicionamento local da túa empresa turística”. A última acción formativa deste mes será “Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet”, o martes 23 ás 18 horas. A oficina “SmartPeme” de Vigo, na Sede da Deputación da cidade, atópase na Rúa Oporto, nº 3.

A oficina do Porriño acollerá os seguintes obradoiros: iníciase o martes 9, ás 19 horas, co curso “O teu contido efémero: Stories en Facebook e Instagram”. “Pluggins de WordPress para mellorar a túa web” chegará o martes 16, ás 19 horas. O xoves 18, ás 19 horas, impartirase “Emprego de vídeo nas redes sociais: Youtube”. A acción “Como mellorar o posicionamento local da túa empresa turística” terá lugar o martes 23 ás 17 horas. E, por último, o martes 30, ás 19 horas, terá lugar “Fotografía para xoiería”. A oficina “SmartPeme” do Porriño, no Multicentro do concello, atópase na rúa Ribeira, s/n.

Por último, as quendas para o mes de xullo na oficina de Ponteareas comezan o xoves 11, ás 17 horas con “Empresas de actividades turísticas e plataformas de comercialización en liña”. A seguinte acción será “O teu plan de márketing dixital paso a paso”, o martes da semana seguinte, día 16, ás 19 horas. O curso “Obtén valor dos teus datos con Google Data Studio” chegará a Ponteareas o xoves 18 ás 18 horas. O martes 23 de xuño, ás 19 horas, impartirase “Vende produtos en liña con campañas de Google Shopping”. E, para rematar, “Crea unha páxina profesional con WordPress” terá lugar o martes 30, ás 18 horas. A oficina “SmartPeme” de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, nº 5.

As inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.gal.

Deja un comentario