+034 986 09 02 04 Xoves 14 de Novembro de 2019

MULLERES EMPRENDEDORAS MOSENSES PARTICIPAN NO PROGRAMA EXTRAORDINARIAS


Formáronse na transformación dixital durante dúas xornadas celebradas na Axencia de Colocación de Mos

A Axencia de Colocación acolleu a finais do pasado mes de xuño o programa Extraordinarias, adxudicado ao Concello de Mos, en concreto á concellería de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, e coordinado pola Fundación Cibervoluntarios xunto con Zona from Facebook.

Este programa, no que se inscribiron 13 mulleres mosenses, ten como obxectivo principal formar na transformación dixital a 1.500 mulleres emprendedoras de zonas rurais en toda España, co fin de potenciar ideas e negocios activos que están a xerar valor e economía local para impulsalo a nivel global.

A formación foi presencial, e tivo unha duración de 6 horas repartidas en dúas sesións.

O contido do taller foron competencias de marketing dixital, design thinking, branding dixital e ferramentas tecnolóxicas de xestión e innovación.

Complementouse con formación en liña para todas as participantes que o desexaron.

E ademais agora entre as participantes de toda España seleccionaranse ás 10 mellores iniciativas para ser parte dun programa de mentoring en procesos de transformación dixital en Zona from Facebook, en Madrid, así como apoio na súa expansión e sustentabilidade.

A formación en Mos realizouse na Axencia de Colocación (Avda Peinador, 39, Mos), os días 25 e 26 de xuño, de 10:00 a 13:00 horas.

Deja un comentario