+034 986 09 02 04 Venres 15 de Novembro de 2019

ARRANCA O CAMPAMENTO DE VERÁN DO CONCELLO DE ARBO, “AS MIL E UNHA NOITES”


O pasado día 1 de xullo, daba comezo o campamento de Verán, organizado polo Concello de Arbo, nas instalacións do CEIP Antonio Carpintero.

Un total de 40 nenos e nenas do Concello de Arbo, inauguraban o verán e as actividades do Campamento que este ano leva por titulo “As Mil e Unha Historias”. Este proxecto lúdico-pedagóxico que desenvolverá a empresa SIF Servicios Integrales de Formación con monitores titulados de Arbo, ten como obxetivo promover a lectura, a literatura infantil a nosa lingua, á vez que se introducen ensinanzas, valores, emocións… e outros moitos aspectos enriquecedores para o desenvolvemento integral de nenas e nenos. Entre as actividades programadas están visitas guiadas, deporte, piscina, actividades de consumo, actividades culturais, manualidades… sempre coa finalidade desenvolver a imaxinación e a creativadade dos participantes.
O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, informa de que o campamento de verán, e necesario para poder levar a cabo a conciliación da vida familiar, laborar e persoal durante a tempada estival no que os centros educativos pechan por vacacións. O rexedor segue informando que os nenos e nenas tamen precisan de programas de calidade onde se cubran todas as súas necesidade proporcionándolles actividades lúdicas que o mesmo tempo lles permita aprender valores, educación, entornos estables, rutinas e hábitos e que o mesmo tempo disfruten.

Deja un comentario