+034 986 09 02 04 Xoves 14 de Novembro de 2019

ARBO PROGRAMA CATRO ACTIVIDADES ESTE VERÁN PARA FOMENTAR A LECTURA NA SÚA BIBLIOTECA MUNICIPAL


Están incluídas no programa de dinamización da lectura, “Ler conta moito”, dá Xunta de Galicia

O Concello de Arbo, incluído no seu programa Verán Cultural para estas vacacións, programa catro actividades na súa Biblioteca Municipal para animar á lectura a través de accións atractivas que pretenden contribuír á promoción da mesma como un vehículo de enriquecemento e aproveitamento persoal, ofrecendo espazos de encontro para descubrir e compartir. Estas representacións realízanse en Arbo a través do programa “Ler Conta Moito”, promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos.
A primeira das actividades será “Icloud e o circo dos Prodixios” para nenos e nenas a partir de dous anos. Unha acción de dinamización con música, teatro e danza o vindeiro mércores 10 de xullo ás 12 h. “A incrible historia dá maxia”, do “Mago Teto”, é outra das actividades do mes, fixada para o martes 23 de xullo ás 11:45 h. Un espectáculo para nenos que pretende espertar o interese pola arte da maxia, acompañado de xogos e explicacións baseadas nos segredos físicos e matemáticos, pois á fin e ao cabo, a maxia sempre foi da man do coñecemento.

 

 

Xa no mes de agosto, a biblioteca de Arbo acollerá a “Leo Leíño” co seu espectáculo “A maxia de Mary Poppins”, onde esta figura de Walt Disney visitará aos pequenos para introducilos no mundo da literatura e dos libros. Será o mércores 14 de agosto ás 12.00 h.
A última cita deste programa será o martes 20 de agosto ás 11.45 coa actuación infantil “Unha árbore ven a verte” de “Carballo con Botas”. Chegarán os freixos, as aciñeiras ou os buxos para contar as súas historias, para aprender a abrazar ás árbores e a coidar bosques ou soutos, para así plantar unha árbore que conte contos, en defensa do futuro.

Deja un comentario