+034 986 09 02 04 Sábado 16 de Novembro de 2019

O PP SOLICITA A REPRESAS QUE RECOÑEZA QUE O CUSTO DO GOBERNO SOBE UN 60% E CONVÉRTESE ASÍ NO MÁIS CARO DA HISTORIA DE PONTEAREAS


“O soldo dos concelleiros con dedicación exclusiva pasa de 25.200 a 30.000 euros e de 17.750 a 20.000 euros no caso das dedicacións parciais, se a iso sumamos que aumenta tamén o número de edís, sete terán dedicación, a subida é de máis do 60%”

O Grupo Municipal do PP de Ponteareas solicita a Represas que deixe de tentar enganar aos veciños coas súas manifestacións nos medios de comunicación e recoñeza que acaba de subir un 60% o custo do Goberno local, subida salarial que conta co informe desfavorable do servizo de Intervención por falta de crédito.

A portavoz popular, Belén Villar, denuncia que se antes o goberno local custaba 113.000 euros, sen ter en conta asistencias e dietas, agora o custo será de 180.000 euros. “A subida do 60% non é só pola subida salarial senón polo incremento de dedicacións. Represas, que é prexubilado da banca, coñece ben os números, pero non lle interesa dicir a verdade porque a súa decisión acaba de crear un novo récord, converténdose no alcalde que maior gasto suponlle aos veciños de Ponteareas”.

A maiores, o PP denuncia que é totalmente falso que se xere un aforro porque o alcalde non reciba un salario. “O alcalde, tal e como denunciamos, non cobra porque non lle interesa, xa que percibe unha pensión por ser prexubilado de banca e a pesar de ser compatible vería minguada esta retribución. Unha decisión persoal do alcalde, totalmente respectable, e que compensa recibindo remuneración por asistencias a plenos, xuntas de goberno, comisións e dietas. O aforro que el proclama continuamente non existe. Mantémonos en que o alcalde chegou a rexistrar partes de quilómetros por máis de 3.000 euros e demostrarémolo”.

O PP lamenta que Represas subiuse ao carro dos alcaldes que se esquecen da crise e o paro para beneficio propio.

“Represas é ese alcalde que cando estaba na oposición dicía que cinco dedicacións eran suficientes e en 2012 solicitaba e aprobaban a baixada de retribución do alcalde do PP. E que agora en 2019, baixo o poder que lle outorgaron os veciños e o PSOE, incrementa os seus ingresos e os dos seus, converténdose no Goberno máis caro da historia de Ponteareas”.

Deja un comentario