+034 986 09 02 04 Xoves 14 de Novembro de 2019

A XUNTA PON EN VALOR AS TITULACIÓNS QUE FOMENTEN A IGUALDADE PARA PROMOVER O EMPRENDEMENTO FEMININO


A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, participou na posta en marcha do máster Igualdade de oportunidades e xénero na empresa online

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou hoxe a importancia do máster propio en Igualdade de oportunidades e xénero na empresa, para o fomento da igualdade real no seno da empresa. O programa educativo ten como obxectivo a formación de profesionais sensibilizados, preparados e comprometidos que sexan capaces de detectar os problemas que impiden a igualdade real de oportunidades e de deseñar medidas tendentes a eliminar as desigualdades de xénero nas empresas e organizacións.

 

O Máster Propio en Igualdade de Oportunidades e Xénero, que comezará en outubro deste ano e remata en xuño de 2020. A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, explicou a necesidade de preparar ao alumnado cara á adquisición das competencias necesarias para ser capaz de implantar estratexias e políticas conducentes a eliminar as desigualdades de xénero na nosa sociedade en xeral, e no ámbito empresarial en particular.

 

Desde a Xunta de Galicia, destacou López Abella, existe un compromiso e un convencemento de que a Universidade é o ámbito de socialización que máis inflúe na aprendizaxe das persoas, e por tanto é nese ámbito onde se debe fomentar a reflexión sobre os roles e os valores que rexen na sociedade. Nesa liña, López Abella pediu sumar esforzos para por en marcha un importante motor de cambio, unha tarefa conxunta que require unha actuación unitaria e a máxima coordinación. Por elo, a secretaria xeral destacou convenio de colaboración coas tres universidades galegas, cun valor de 300.000€, para desenvolver medidas previstas no pacto de estado contra a violencia de xénero.

Deja un comentario