+034 986 09 02 04 Venres 15 de Novembro de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

CARMELA SILVA DESTACA O ESPECTACULAR ARRANQUE DOS #FESTIVAISRÍASBAIXAS CON MÁIS DE 28.000 ASISTENTES NOS TRES DÍAS DE PORTAMÉRICA 2019


A ocupación hoteleira na comarca foi do 100% para desfrutar de máis de 30 concertos e un showrocking único con 35 chefs internacionais que serviron 35.000 tapas

A presidenta valorou positivamente a ambiciosa aposta pola sustentabilidade que uniu a campaña “Experiencias Sostibles” da Deputación coas iniciativas propias do Festival

A campaña de igualdade bateu o seu récord de demanda de información con máis de 1.500 folletos informativos de “Eu decido, ti respectas” e “Conta comigo eu respéctote”

Con máis de 28.000 persoas asistentes nos tres días do Portamérica, a tempada dos #FestivaisRíasBaixas arrancou de forma espectacular na súa primeira parada en Caldas de Reis. O éxito do festival foi máis alá do elevado número de asistentes que esgotaron todas as entradas do venres e do sábado por segundo ano consecutivo. Tamén conseguiu encher ao 100% os hoteis da comarca de Caldas, e a súa área de influencia do Salnés e de Pontevedra. Así tanto o festival, con máis de 30 actuacións de artistas nacionais e internacionais, como o ShowRocking que concentrou ás mellores e aos mellores restauradores do mundo, coa presenza de 35 chefs internacionais con 42 Soles Repsol, foron un éxito rotundo que veñen a consolidar a PortAmérica como unha das grandes citas músico-gastronómicas de España.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, valorou positivamente a incidencia do festival no sector turístico. “As comarcas de Caldas, do Salnés e de Pontevedra chegaron ao 100% de ocupación hoteleira e os bares e restaurantes enchéronse, polo que a incidencia económica destes eventos nas nosas vilas e pobos é incuestionable”, asegurou. Tamén manifestou Silva a súa satisfacción pola elevada demanda de información rexistrada nos stand da Deputación de Pontevedra relativos á información en prol da igualdade e sobre as consecuencias dos plásticos na contorna natural e na saúde das persoas. De feito, de “Experiencias SOStibles” distribuíronse ata 1.100 folletos informativos, bolsas de merenda, imáns e vasos compostables. Neste eido, a presidenta recalcou que as persoas que acudiron ao stand manifestáronse especialmente interesadas polo enfoque da campaña centrada non soamente nas consecuencias dos plásticos na contorna natural senón tamén na saúde das persoas. Amais, a campaña provincial uniuse ás iniciativas propias do Festival. Ao asentado modelo de economía circular de PortAmérica que actúa positivamente sobre o entorno local e o medio ambiente natural, a xornada de reforestación “Unha entrada, unha árbore” se sumaron innovadoras propostas como os vasos semilleiros ou o papel prantable.
Amais, desde o stand de igualdade da Deputación difundíronse as campañas “Lembra! Eu decido, ti respectas” e “Conta comigo eu respéctote”, dinamizado por cinco mulleres axentes de igualdade que realizaron tarefas de sensibilización e concienciación entre o público asistente para loitar contra as agresións sexuais. En total, a campaña chegou a 2.000 persoas, das cales 1.380 foron mulleres e 920 homes, ás e aos que se lles entregou dende material informativo (1.500 folletos), ata sombreiros e pegatinas. Ao respecto da actividade desenvolvida neste stand, a presidenta destacou que acudiron persoas dos ámbitos sanitarios e educativos que aclararon dúbidas e demandaron materiais para poder distribuír nos seus respectivos lugares de traballo.
A gastronomía foi un ano máis unha das grandes protagonistas, coa fusión perfecta entre ritmo e cociña con pinchos gourmet únicos creados especialmente para o festival a prezos populares con produtos galegos, o que supuxo que nos tres días de Portamérica foran servidas preto de 35.000 tapas.

PORTAMÉRICA 2019 EN CIFRAS
3 días de música
4 días de acampada: 2.000 usuarios
28.000 asistentes
Rango de idade
43% 25-34 anos
29% 35-44 anos
14% 0-24 anos
10% 45-54 anos
3% 55-64 anos
1% 65+ anos

 

Sexo
58% mulleres
42% homes

Procedencia
65% Galicia
18% Madrid
8% Castilla León
4% Cataluña
5% resto CCAA

3 escenarios
Máis de 30 concertos
Xornada reforestación: 2.500 árbores plantadas. Nova plantación en 2.020.
Mercado de Talentos: 21 propostas
Talleres infantís: sostible e musical
14 liñas autobuses gratuítos

SHOWROCKING
35 chefs internacionais
42 soles Guía Repsol
40 alumnos de cociña
62 tapas diferentes
35.000 tapas servidas
6 actuacións sorpresa

 

IMPACTO:
100% ocupación hoteleira en Caldas e área de influencia
Más de 400 postos de traballo xerados
Impacto en medios: 4,7 millóns de €
Alcance: 333 millóns de contactos
921 noticias xeradas
50.000 seguidorxs en RRSS
4.000 usuarixs APP Festival
Radio nacional colombiana: 15 horas de emisión en directo
Radio Galega: 21 horas de emisión en directo

Deja un comentario