+034 986 09 02 04 Venres 15 de Novembro de 2019

O GOBERNO DE REPRESAS DEIXA DE ABONAR ENTRE 400 e 500€ DA PAGA EXTRAORDINARIA DE XUÑO A MÁIS DE 100 TRABALLADORES LABORAIS DO CONCELLO DE PONTEAREAS


Hai máis de 100 empregados afectados

O Grupo Municipal do PP de Ponteareas denuncia que o Goberno de Represas non cumpre cos traballadores laborais do Concello e esixe ao Alcalde, o Sr. Represas (BNG), que proceda de forma inmediata a abonarlles esta importante cantidade de diñeiro, correspondente á paga extraordinaria de xuño.

O Goberno (BNG-PSOE) que acaba de subirse un 60% os seus soldos, esquécese de abonar a máis de 100 empregados municipais entre 400€ e 500€ correspondentes á paga extraordinaria do mes de xuño. Esta cantidade correspóndese cun complemento polo posto de traballo desempeñado por cada empregado municipal.

A portavoz popular, Belén Villar, denuncia que o goberno local que tamén privatizou o servizo de nóminas no Concello cunha empresa externa á que paga mensualmente máis de 3.000 euros, está máis preocupado por “os seus petos” que polo dos traballadores.

Deja un comentario