+034 986 09 02 04 Martes 19 de Novembro de 2019

PAZOS DE BORBÉN INICIA O MANDATO COA DESIGNACIÓN DA NOVOS EDÍS E VOGAIS


As retribucións serán de 50 euros para as comusiones informativas e de 100 para os plenos municipais

A corporación municipal de Pazos de Borbén celebrou esta mañá o primeiro pleno do mandato tras as eleccións do pasado 26 de maio. A xunta tiña como obxectivo designar os integrantes das comisións informativas, da xunta de goberno e as retribucións dos representantes, así como os vogais e portavoces dos distintos grupos políticos.
Así, o pleno acordou por unanimidade a creación dunha comisión informativa sobre contas públicas que contará coa participación dos tres partidos políticos con representación no pleno municipal e unha retribución de 50 euros por reunión para cada participante. No caso dos plenos municipais a retribución acordada por todos os membros da corporación ascende a 100 euros por edil.
Do mesmo xeito, o pleno aprobou as retribucións para o alcalde e os dous concelleiros que contarán cunha dedicación parcial de 12,5 horas semanais, que terán unha retribución bruta de 37,902 e 5,940 euros anuais.
Ademais da designación dos novos vocais políticos da corporación, sendo os elixidos os candidatos de cada partido da oposición, o pleno acordou a designación da edil Eloisa Nogueira como tenente alcalde e representante municipal na mancomunidade da área intermunicipal de Vigo. Da mesma maneira, nomeouse representante da corporación nos consellos escolares dos centros educativos á edil Branca Míguez.
Por último, a corporación municipal tamén acordou a periodicidade na celebración dos plenos ordinarios que, de acordo á lei, celebrarase o último venres de meses alternos ás doce e media do mediodía, fixando así a próxima celebración do pleno municipal para o mes de setembro.

Deja un comentario