+034 986 09 02 04 Venres 22 de Novembro de 2019

O CONCELLO DA LAMA DESTINA UNS 5.000 QUILOS DE CAUCHO AOS TRABALLOS DE MANTEMENTO DO CÉSPEDE ARTIFICIAL DO CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE RACELO


Os traballos, realizados en colaboración coa Deputación de Pontevedra, consistiron no cepillado do céspede, revisión de liñas de marcaxe e punto de penalti, revisión do sistema de rega, descompactación e aplicación de herbicidas sobre o terreo de xogo

 

O alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, e o directivos do club A Lama, S.D. e tenente de alcalde, David Carrera, realizaron unha comprobación sobre o terreo dos traballos de mantemento do céspede artificial do campo municipal de fútbol de Racelo, no que se están investindo uns 5.000 quilos de caucho de substitución.

Os labores realizados, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, consisten na limpeza da superficie de xogo con maquinaria especializada, cepillado do céspede, revisión de lineas de marcaxe e punto de penalti, traballos de mantemento no sistema de rega, descompactación de diversas zonas do campo, especialmente nas porterías, que son os lugares que máis sofren o uso, e a aplicación de herbicidas para evitar a proliferación de plantas indeseadas.

Jorge Canda reiterou o apoio que presta o Concello da Lama á práctica deportiva e, máis concretamente ao fútbol, neste municipio e defendeu a idoneidade de afrontar estes traballos agora aproveitando o bo tempo porque o campo ten xa uns 8 anos de operatividade e require constantes labores de mantemento.

O alcalde lembrou tamén que estas instalacións serán utilizados por un centenar de nenos e nenas do municipio que participan todos os xoves do mes de xullo e agosto no Torneo do Reencontro de fútbol basee con equipos conformados por combinados formados con xogadores residentes no estranxeiro e os que viven habitualmente no termo municipal.

Finalmente, o alcalde Jorge Canda trasladou á directiva do A Lama, S.D. o seu agradecemento polo traballo realizado e pola tempada deste ano que a punto estivo de supoñer o ascenso do equipo a Primeira Autonómica, obxectivo que animou a seguir perseguindo este ano a través da boa liña que están a levar á fronte do club “porque co voso esforzo facedes que tódolos veciños e veciñas do noso concello sintamos orgullosos de vós e dous xogadores que levades con honra ou nome do noso concello polos campos de fútbol de Galicia”, indicou o rexedor.

Deja un comentario