+034 986 09 02 04 Venres 22 de Novembro de 2019

MÁIS DE 300.000€ PARA MELLORAR A EFICIENCIA ENERXÉTICA EN SALVATERRA DE MIÑO


O Concello de Salvaterra de Miño da un paso mais na liña de aforro enerxético. Este Concello leva tempo traballando na sustitución paulatina de bombillas de baixo consumo nas parroquias, e nestes días deu un paso mais coa firma, por parte da súa Alcaldesa Marta Valcárcel, dun convenio coa Deputación de Pontevedra para acceder a través de fondos FEDER a sustitución de todos os puntos de luz no casco urbano, recinto amurallado e a substitución e instalación de caldeiras de biomasa na Casa do Concello, Casa de Cultura e no edificio do Xuzgado de Paz.
Estas inversións enmarcanse dentro do programa FEDER – EELL- 20019-000-559, que conta co financiamento do 80% do FEDER, achega da Deputación Provincial e coa inversión do propio Concello, cun importe global de inversión de máis de 300.000€.
O obxecto deste convenio é a renovación da iluminación pública exterior actuando sobre 221 puntos en casco urbano e 61 no Recinto amurallado, acadando unha reducción de consumo de enerxía elétrica da instalación reformada en polo menos un 30%, coa sustituación de lámpadas actuáis por outras máis eficientes, sustitución de luminarias por outras con maior rendemento e lámpadas de menor potencia de tecnoloxía LED, sustitución de balastros electromagnéticos por lectrónicos, instalación de reloxos astronómicos como sistema de coltrol da iluminación en horarios nocturnos, instalación de sistemas de regulación de fluxo luminoso mediante pre – programación da luminaria.
Ademáis levarase a cabo a subsitución de caldeiras cuxo combustible é non renovable por caldeiras de biomasa acadando unha reducción do consumo de enerxía eléctrica.

Deja un comentario