+034 986 09 02 04 Sábado 16 de Novembro de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

COMENZA IKFEM 2019


Espacios senlleiros da Eurocidade Tomiño – Cerveira, co río Miño como protagonista, acollen este domingo as dúas primeiras actuacións do festival

O Espazo Fortaleza de Tomiño e os Jardins do Aquamuseu de Cerveira acollen este domingo a primeira xornada dos “Concertos no Río Miño”, pistoletazo de saída da sétima edición do festival de música da eurocidade Tui – Valença, “International Keyboard Festival & Masterclass (IKFEM)”.

Ás 21:30 horas, os máis pequenos e pequenas da casa poderán gozar dun espectáculo especialmente pensado para o público infantil. A prestixiosa Casa da Música de Porto presenta Mini Mozart, unha produción musical que percorre as aventuras do pianista e compositor Wolfgang Amadeus Mozart e a súa irmá, a tamén destacadísima pianista, María Anna.

O mesmo domingo, ás 23:00 horas, nos Jardins do Aquamuseu de Cerveira, un trío composto pola gaiteira Susana Seivane, o pianista Abe Rábade e o acordeonista Víctor Prieto, presentarán “Voar a seis mans”, unha proposta musical onde se mesturan composicións orixinais dos tres autrores, música tradicional galega e adaptacións de tres grandes autores suramericanos: Tom Jobim, Astor Piazzolla e Egberto Gismonti.

 

Smart Minho

Os “Concertos no Río Miño” é unha inciativa do AECT Rio Minho no marco do proxecto “Smart Minho” e que conta cunha subvencións de 15.000 €. O pasado mes de maio, o agrupamento xa colaborou co Encontro de Tocadores `Entre Margens’, cunha financiación similar destinada á programación artística. Grazas a esa achega de 15.000 euros, ‘Entre Margens’ viu consolidada a súa oferta musical e incluíu por primeira vez ao concello da Guarda dentro da súa programación.

Xunto co AETC Rio Minho, son socios do proxecto europeo de cooperación transfronteiriza Smart Minho, a Deputación de Pontevedra, a CIM Alto Minho e a Fundación Centro de Estudios Euro Rexionais Galiza – Norte de Portugal. Smart Minho está está cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 e conta cun orzamento total de 942.022,47 euros.

Deja un comentario