+034 986 09 02 04 Venres 22 de Novembro de 2019

A XUNTA REÚNESE CON CRUZ VERMELLA PARA AVALIAR AS NECESIDADES E BUSCAR SOLUCIÓNS EN MATERIA DE SOCORRISMO


O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, reuniuse esta mañá con representantes da institución Cruz Vermella para analizar as necesidades actuais en materia de socorrismo e traballar en buscar solucións.

Este encontro inscríbese na serie de reunións que está a manter a Xunta cos actores implicados. Estas semanas o director xeral ven de reunirse co vicepresidente da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), José Palacios, e coa presidenta da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA), Nuria Rodríguez. Recentemente, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo un encontro de traballo co presidente da Fegamp, Alfredo Rodríguez, para tratar este mesmo asunto.

Deja un comentario