+034 986 09 02 04 Sábado 16 de Novembro de 2019

A MASTER-CLASS DA CANTANTE DEBORAH J. CARTER, GRAN ESTRELA DO NIGRANJAZZ 2019, TRASLÁDASE AO AUDITORIO DO EDIFICIO TECNOLÓXICO DE PORTO DO MOLLE


Os interesados en participar deben anotarse no correo info@folque.com e abonar 15 euros o mesmo día da clase, o sábado 27 ás 12:00

A clase maxistral da gran estrela do Nigranjazz 2019, Deborah J. Carter, celebrarase finalmente no Edificio Tecnolóxico de Porto do Molle o sábado 27 en lugar de no Auditorio Municipal de Nigrán como estaba previsto inicialmente (a artista actuará ás 22:30 no escenario do esteiro de A Foz). Os interesados en participar deben incribirse no correo info@folque.com e abonar 15 € o mesmo día da clase.

Esta clase maxistral é especialmente axeitada para cantantes pero tamén é recomendable para calquera músico ou simplemente ouvinte e afeccionado ao jazz. A sesión estará orientada ao “Scat”, técnica que popularizou Louis Armstrong e que consiste en improvisar melodías con sílabas sen sentido textual.

Deborah J. Carter ten unha gran reputación como educadora, de feito é actualmente a profesora de voz de Musikene, o Conservatorio Superior do País Vasco. Ademais, realiza seminarios por todo el mundo dende hai máis de vinte anos, polo que resulta unha oportunidade única para os músicos e afeccionados da contorna.

A master-class do Nigranjazz forma parte da identidade do festival, xa que sempre se aproveita a presenza de músicos internacionais para que intercambien os seus coñecementos cos músicos locais, tendo sempre gran acollida.

Deja un comentario