+034 986 09 02 04 Xoves 14 de Novembro de 2019

O CONCELLO DE NIGRÁN ORGANIZA ABRE MAÑÁ A SÚA PRIMEIRA FESTA DO PEREGRINO CON MERCADILLO, ACTIVIDADES E UN CONCERTO DE PIANO COMO COLOFÓN


Unha andaina polo Camiño Portugués pola Costa abre o evento, que durará todo no Parque da Feira e rematará co concerto de tres recoñecidos pianistas nos xardíns de Pazo de Pías
O Concello de Nigrán inaugura mañá sábado a súa primeira festa do Peregrino cunha andaina que percorrerá a ruta oficial do Camiño pola Costa dende Priegue ata o parque da Feira (o Concello disporá dun autobús con 55 prazas que sairá ás 10:00 horas dende o lugar do evento e os que o desexen poden presentarse directamente ás 10:15 horas na marquesina da rotonda de Saiáns-Priegue). Esta festa, que conta co apoio dos comerciantes da zona, terá lugar na contorna do Parque da Feira durante todo o día e rematará nos xardíns do Pazo de Pías ás 21:30 cun concerto de piano de músical clásica a cargo de Peregrinos Musicais. Conta co apoio de Pontegal e nace coa vocación de celebrarse anualmente neste enclave da Ramallosa.
Os comerciantes serán parte esencial do evento, xa que instalarán desde as 10:00 horas no Parque da Feira un mercadillo outlet durante todo o día ao que se unirán artesáns da zona como canteiros, alfareiros, cesteiros… Pensando no público infantil, haberá contacontos as 12:00 (‘Un pouco perdido’) e 18:00 horas (‘A máquina das estacións’) e actuacións musicais do grupo folclórico Malas Herbas ás 13:00, ás 19:00 Festicultores Troupe e as 20:30 o grupo folclórico nigranés ‘Os Muíños do Xuncido’. Ademais, Correos participará instalando un photocall no que os peregrinos poderán selar oficialmente a compostelana e haberá obradoiros de cabazas e de cestería con follato.
A xornada rematará cun concerto de música clásica de Peregrinos Musicais ás 21:30 no xardín do Pazo de Pías, establecemento da Ramallosa que funciona como albergue e o único de Nigrán no que se sela a compostelana. O obxectivo é reunir no evento a peregrinos e veciños de Nigrán. Así, neste marabilloso lugar terán lugar sendos concertos de piano de Alina Madison Sadykova, Marina Fernández Rueda e Yuri Durán, os tres como solistas e interpretando pezas de Chopin, Shostakovic, Mozart, Bach, Beethoven, Scarlatti ou Rakhmaninov.

Deja un comentario