+034 986 09 02 04 Venres 15 de Novembro de 2019

ERNESTO CALVELO FILGUEIRA E CARLOS GÓMEZ PRESÉNTALLE Á VECIÑANZA DE A MOCIÓN QUE DEFENDERÁ NO PLENO DO DÍA 24-XULLO


Ernesto Filgueira: “Agardo o voto favorable do PP e do Psoe para a aprobación da miña primeira “Moción de melloras para Calvelo” que serviría para incrementar a calidade de vida veciñal”

 

O BNG de Cerdedo e Cotobade convocou ás veciñas e aos veciños do lugar de Calvelo a unha xuntanza na tarde de hoxe co fin de trasladarlles o contido da moción que será rexistrada no portelo municipal e defendida no vindeiro pleno que celebrará a Corporación o vindeiro día 24 de xullo.
Ao encontro veciñal acudirá o Portavoz Municipal Ernesto Filgueira e o membro do Consello Local do BNG e veciño de Calvelo Carlos Gómez. Ámbolos dous darán conta do contido das reclamacións incluídas na moción, a primeira do BNG de Ernesto Filgueira, co fin de que sexan aprobadas polo pleno da institución local e permitan mellorar a calidade de vida da veciñanza de Calvelo.
Así pois, o BNG comeza a darlle forma aos seus compromisos eleitorais adquiridos logo de ser coñecedores da insuficiencia en materia de seguridade viaria e accesibilidade que sofren as veciñas e os veciños de Calvelo rematadas as recentes obras de ensanche da N-541 ao seu paso polo lugar. O BNG considera prioritario acadar melloras sustanciábeis co fin de evitar situacións de risco ou accidentes desafortunados. Entende Filgueira que nen o PP nen o Psoe teñen
feito as xestións e presións adecuadas diante do Ministerio de Fomento para arranxar esta desfeita, e é polo que se compromete a defender esta moción instando ao goberno de Cubela a que xestione en Fomento accións concretas que supoñan un aumento na seguridade e mobilidade viaria para a veciñanza de Calvelo. Ademáis, Filgueira agarda contar co voto favorable do Psoe de Garrido para a aprobación da moción na que, ademáis, solicítaselle ao goberno local a dotación de outras vías internas que mellorarían as cominicacións entre o núcleo e os centros educativos e deportivos de Tenorio con accións orientadas á mobilidade biosaudábel e valorizando o entorno do lugar.

Deja un comentario