+034 986 09 02 04 Luns 18 de Novembro de 2019

A XUNTA DESTINOU MÁIS DE 570.000 EUROS PARA DIVERSAS ACTUACIÓNS NO CONCELLO DE MORAÑA GRAZAS ÁS ORDES DE AXUDAS DA VICEPRESIDENCIA


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta mañá unha xuntanza coa alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, acompañado pola directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e polo delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta mañá unha xuntanza coa alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, onde indicou que grazas ás ordes de axudas da Vicepresidencia o concello ten recibido nos últimos anos máis de 570.000 euros para diversas actuacións.

Alfonso Rueda, que estivo acompañado na visita a este concello pontevedrés pola directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, indicou que é fundamental que os concellos e a Xunta traballen xuntos para poñer máis e mellores servizos a disposición da cidadanía.

A Vicepresidencia da Xunta ten investido dende o ano 2010 a través de varias ordes de axudas, como o Fondo de Compensación Ambiental ou a Orde de Infraestruturas de uso público, máis de 570.000 euros para acometer actuacións de eficiencia enerxética, melloras na casa da cultura, recuperación zonas medioambientais, a mellora da rede de saneamento, de instalación de iluminación pública ou repavimentación de viais.

Deja un comentario