+034 986 09 02 04 Venres 15 de Novembro de 2019

“VERÁN CULTURAL” DE ARBO


 

O Concello de Arbo iniciou xa as actividades incluídas no seu programa de lecer, cultura e promoción deste verán. Ademais neste período celébrase a “ XXIV Festa dá Lamprea Seca”

O Concello de Arbo está a iniciar, un verán máis, o seu cartel de actividades e eventos que se desenvolvesen na vila durante os meses durante xullo, agosto e setembro. Son máis de corenta actividades encamiñadas a fomentar a participación dos veciños e veciñas de Arbo e tamén o turismo que visita Arbo nestas datas.
A programación deste ano está dirixida a todos os públicos e é moi diversa, combinando actividades lúdicas, culturais e de entretemento. Como todos os anos, está enfocada a promocionar os grupos, as asociacións e o patrimonio único que Arbo pode ofrecer. Actividades no Campo de Fútbol, o Pavillón ou na Biblioteca municipal para potenciar o irmandamento entre todos os veciños de Arbo e os turistas. O alcalde de Arbo, Horacio Gil, asegura que o “fin principal é o de promocionar e poñer en valor os encantos do municipio como o patrimonio cultural, etnográfico e natural ou a gastronomía coa Lamprea e os viños como protagonistas durante a próxima XXIV Festa dá Lamprea Seca”. O “Verán cultural” son “uns meses intensos cheos de sorpresas e actos, onde os veciños de Arbo non teñen tempo de aburrirse”.
Durante xullo e agosto os nenos poderán gozar de catro actividades na Biblioteca Municipal para animar á lectura no programa Ler Conta Moito. “A incrible historia dá maxia” o 23 de xullo ás 11.45 h, “A Maxia de Mary Poppins” de Leo Leíño o 14 de agosto ás 12.00 horas ou “ Unha árbore ven a verche” o 20 de agosto ás 11.45 h. As actividades dirixidas aos nenos e nenas póñense en marcha “para que de forma divertida e didáctica, aprendan a gozar dos xogos á vez que aprenden valores de compañeirismo e solidariedade”.
O mes de xullo contará con citas tan importantes como o “ XXVI Festival Folclórico internacional de Arbo” organizado pola A. C Barca de Loimil o 20 de xullo ás 20.00 h, ou actuacións do grupo Megadance no torreiro da Feira en Sela ás oito da tarde do día seguinte. Ademais tamén actuará o xoves 25 de xullo ás 21.00 h a A. C A Vella Barca no torreiro da feira de Cabeiras. Doutra banda o coñecido festival “ Arborock” celebrarase o sábado 27 de xullo a partir das 22.00 h xunto á discoteca Nasyra.

Durante o mes de agosto as opcións son moi diversas: O sábado 3 de agosto arrincará outro espectáculo de maxia, a do “Meigo Marco” ás 21.00 h nas Escolas de Cequeliños. O xoves 13 de agosto outra actuación de Anxo Moure ás oito da tarde titulada “A música dá auga, contos e cantos de río” na Praza do Concello completarán este bloque de actuacións. Ao día seguinte haberá unha proxección tamén na praza da película “Campións” e o día 15 unha gran Festa da escuma na mesma localización.
A fin de semana do 10 e 11 de agosto celébrase a “ XXIV Festa dá Lamprea Seca” cunha programación moi interesantes na que ademais das clásicas degustacións de lamprea seca e viño na Carballeira de Turbela, haberá actuacións o sábado da charanga noroeste a partir das 11.00 h, o IV Festival Cantos de Taberna, coa participación dos grupos “ Tarxa” e “Loureiro Verde” de 12.00 a 15.00 horas. Pola noite actuará a “Banda de Nash” a partir das dez e despois un “ Rastrexo” desde o pavillón municipal que sen dúbida deparará moitas sorpresas. Isto complementarase cunha “ Andaina Popular” con saída desde o Museo Arabo con sorteos e agasallos ás 10.00 h.
O domingo arrincará cunha “ Festa dá Bicicleta” ás dez da mañá con saída da Praza do Concello. As degustacións de lamprea e viño estarán amenizadas neste día por A. C A Vella Barca pola mañá e pola tarde, polos “ Cantadores Tradicionais de Moaña”. Ás 17.30 h actuará a charanga “Vos Encerellados”.
Durante a “ Festa de San Roque”, o día 16 de agosto tamén a Carballeira de Turbela acollerá a partir das 10 h pasacalles pola Banda de Música municipal de Arbo e a tradicional procesión desde a Igrexa Parroquial de Arbo, ás 11.00 h e a misa solemne de campaña cantada pola Coral Polifónica da localidade. Á unha do mediodía haberá un concerto da Banda municipal e tamén da Banda de música infantil. O clásico “ Xantar campestre” ou comida popular será as 14.00 h, seguido dos xogos populares amenizados polo grupo “acibeche” e un baile popular posterior.
O “Verán cultural” pecharase en agosto cunha actuación o domingo 18 de agosto ás 11.00 h de A. C Barca de Loimil no Torreiro de festas de Rozas de Sela, unha Festa na Piscina o sábado 24 de agosto ás cinco da tarde e unha “ Andaina infantil” ao día seguinte con saída ás 11.00 h. Ademais ese mesmo domingo 25 iniciarase ás 20.00 h o II Torneo de fútbol sala “San Roque” no pavillón municipal.
Para despedir a tempada estival haberá un espectáculo de A. C A Vella Barca o 1 de setembro ás 20.00 h no Torreiro de Festas de Barcela. O domingo 8 de setembro xogarase o Trofeo de futbol “Vila de Arbo” no campo municipal.

Deja un comentario