+034 986 09 02 04 Martes 19 de Novembro de 2019

SEMANA CULTURAL EN FIOLLEDO


Un ano máis a Ascociación Cultural FIOYE2 organiza a Semana Cultural en Fiolledo (Salvaterra de Miño),son todas de valde, a programación deste ano é:

Luns día 15: As 17 h. Festa da Espuma.

Martes día 16: as 17 H. “Festa da auga”, as 21 h. “COLIÑO BAILONGO” e as 22 h. concerto das «Pandereteiras “As lucernas” de Fiolledo.

Mércores día 17: as 17 hinchable acuático e as 21:30 h. o Gran Mago «Pirú»

O xoves día 18 as 2 h. Concurso de chistes e as 22 h. O grupo de Teatro “Seliña“ de Arbo coa comedia “Os vellos deben namorarse das vellas….»

Para rematar o venres día 19 as 17 h. “Xogos Populares” con agasallos e a partires das 21 h. “Festival” na Casa de Cultura con bailes e obras de teatro.

Deja un comentario