+034 986 09 02 04 Venres 22 de Novembro de 2019

O CONCELLO DA LAMA SÚMASE Á “ REDE GALEGA DE PRAIAS SEN FUME” COA PRAIA FLUVIAL DO VERDUGO DE “AUGAS EXCELENTES”


 

Jorge Canda, David Carrera e Daniel Vidal participaron na colocación da bandeira e os distintivos acreditativos da campaña na praia fluvial do río Verdugo

 

O alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, en compañía dos edís David Carrera e Daniel Vidal, procedeu á colocación da bandeira e os distintivos a través dos cales a praia flucial do río Verdugo súmase á “ Rede Galega de Praias sen Fume”, unha iniciativa da Consellería de Sanidade para concienciar ao público sobre a erradicación do tabaquismo nestes lugares de lecer.

Este acto coincide co coñecemento dos resultados das analíticas que periódica e insistentemente realiza a Consellería de Sanidade sobre o estado de salubridade e estado da auga para o baño da praia fluvial do río Verdugo que arroxou, novamente, un resultado de “Calidade Excelente” o que certifica a idoneidade e excelencia destas augas para a práctica do baño.

Por outra banda, a presenza destes indicativos e a súa bandeira de “ Praia sen Fume” serven ademais de reclamo de turismo de calidade e salubridade, como eixo dunha campaña de sensibilización educativa da poboación que ten como fin incidir na importancia da conduta dos adultos #ante en espazos, de lecer como as praias, para que o seu comportamento con respecto ao tabaco sirva de exemplo aos máis pequenos.

Nesta liña o alcalde da Lama, Jorge Canda, sinalou o compromiso do Concello con campañas que impliquen a participación activa da sociedade para sensibilizar á poboación #ante estes comportamentos de risco para a saúde e os malos hábitos para a mocidade como é o consumo de tabaco á vez que se protexen estes lugares naturais da presenza indiscriminada de cabichas que afean e atentan contra o medio ambiente.

Nestes momentos, 141 praias de 64 concellos integran a Rede Galega de Praias sen Fume, continuando coa liña de crecemento de anos anteriores, e enquisas realizadas para a Consellería de Sanidade certifican que case o 80% dos usuarios de areais e praias fluviais están de acordo en que non se poida fumar nestes espazos de #gozar público da poboación.

Deja un comentario