+034 986 09 02 04 Martes 24 de Novembro de 2020

CAMPAMENTOS DE VERÁN EN SALVATERRA DE MIÑO


Este luns daba comezo a segunda quincena do Campamento de Verán, enmarcado no programa de conciliación familiar que se desenvolve dende o Concello de Salvaterra de Miño.

Este Concello leva anos traballando dentro de diferentes accións, liñas de actuación e programas pola conciliación familiar e laboral, durante todo o ano, se ben é verdade que é sobre todo na época estival onde se fai un esforzo máis salientable, xa que é a época mais difícil para a propia conciliación. Salvaterra é un Concello en crecemento, onde moitas parexas novas elixiron vir a vivir e formar a súa familia nun entorno tranquilo e onde o que se prima é a calidade de vida.

Nun Concello cunha poboación infantil de 4 a 14 anos de máis de 900 nenos é moi importante planificar as accións tanto formativas como de ocio e focalizalas e dirixilas sobre todo a esa franxa de idade, por ese motivo este ano decidiuse, dende Alcaldía, dar un paso máis e estender estes campamentos de conciliación, que nun principio estaban enfocados ao mes de xullo, tamén ao mes de agosto. Así este ano a oferta esténdese as catro quincenas, nas que participan máis de 100 nenos e nenas, coa opción de aula matinal e comedor, en colaboración coa ANPA.

Durante estes dous meses os participantes realizarán diferentes actividades de animación musical, obradoiros, deporte, xogos de auga…

Deja un comentario