+034 986 09 02 04 Martes 19 de Novembro de 2019

POSTA EN MARCHA NAS ESCOLAS DE SELA DUN PUNTO DE ENCONTRO PARA MAIORES


O Concello de Arbo contará a partires do vindeiro 22 de xullo de 2019, dun Punto de Encontro para Maiores (P.E.M) na escolas de Sela.
O Punto de Encontro para Maiores ofrecerá un programa de actividades como espacio para fomentar a participación, o encontro e a integración dun colectivo social como son os maiores, a traves de xogos, obradoiros… que teñen como obxetivo favorecer a independencia e autonomia persoal, o disfrute da vida, a reforzar e manter as capacidades funcionais, a desenrrolar accion educativas de caracter individual e grupal e que os nosos maiores poidan pasar un rato de ocio e entretenemento con outras persoas da misma idade.
As actividades realizaranse de luns a venres en horario de 16.00 horas a 19.30 horas. Para máis información no telefono 619758343 ou na Casa do Maior de Sela.
Dende o concello de Arbo, apoian esta iniciativa, na que se atendería a persoas maiores, entendendo que este proxecto innovador favorecería a mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas de Arbo nun lugar de encuentro e convivencia desde os cales se desarrollan actividades socio-culturais, ocupacionais e recreativas.

Deja un comentario