+034 986 09 02 04 Xoves 14 de Novembro de 2019

O GRUPO DE TEATRO FONTE DÁ TELLA INTERPRETA A SÚA OBRA “A VISITA DO INSPECTOR” NO MULTIUSOS DE ARCADE


A entrada é totalmente gratuíta ata completar o aforo

O multiusos de Arcade acolle este venres, a partir das 21:30 horas, a representación teatral “A visita do inspector”, do dramatutgo británico JB Priestley. A interpretación correrá a cargo do grupo local A Fonte dá Tella. A iniciativa está incluída no programa municipal de promoción cultural polo que o acceso é totalmente gratuíto ata completar o aforo do recinto.
A obra, dun marcado xénero de suspense, divídese en tres actos e comeza cunha cea na casa da familia Birling na que se valora o compromiso entre Sheila, a filla dos Birling, e Gerald Croft. De súpeto, aparece o inspector Goole anunciando que unha moza suicidouse con desinfectante. No transcurso da obra, descóbrese que todos os integrantes da familia, incluso o noivo da filla, tiveran algunha clase de relación ou encontro con esa moza baixo un nome diferente en cada ocasión.
Ao retirarse o inspector, e despois de facer unas cantas chamadas telefónicas, danse conta de que non existe ningún inspector e que ningunha moza morreu na enfermería. Pero cando parecía que todo era unha broma ou o home era un tolo, soa o teléfono e comunícanlle que morreu unha moza por tomar desinfectante e que un inspector de policía iría á súa casa para interrogalos.

Deja un comentario