+034 986 09 02 04 Sábado 07 de Decembro de 2019

EXPOBUS IBERIA AVANZA NO DESEÑO DA SÚA SEGUNDA EDICIÓN CON EXCELENTES PERSPECTIVAS PARA O SEU CRECEMENTO EXPOSITIVO


O SEU COMITÉ ORGANIZADOR, QUE CONTOU COA PRESENZA DO DIRECTOR XERAL DE MOBILIDADE DA XUNTA DE GALICIA, REUNIUSE ONTE PARA ABORDAR DISTINTOS ASPECTOS DO CERTAME

A Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia, está inmersa no deseño da súa segunda edición, a cal terá lugar do 21 ao 23 de novembro deste ano.

Con este obxectivo, o seu comité organizador mantivo onte unha nova reunión no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, onde terá lugar o certame. No seu transcurso abordáronse distintos aspectos, como o programa de actividades desta nova convocatoria e a súa comercialización. Sobre esta última destacáronse as excelentes perspectivas que o certame ten para medrar respecto á súa primeira edición, tanto en número de expositores como en superficie.

Ao encontro asistiron representantes de catorce recoñecidas empresas fabricantes e carroceiras, compañías de transporte de viaxeiros e asociacións sectoriais. Estes estiveron acompañados polo director xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Ignacio Maestro, para seguir avanzando na organización dunha cita que contará cun día máis de duración e pretende converterse en espazo de referencia polo seu atractivo como punto de encontro sectorial e escaparate das novas tendencias.

Primeira cita con bos resultados

ExpoBus Iberia celebrou a súa primeira edición os días 9 e 10 de novembro do ano pasado, reunindo 101 firmas de 13 países, das cales 46 foron expositores directos de España e Portugal. Uns participantes que ocuparon 5.793 metros cadrados netos e 11.000 brutos e que foron visitados por 1.266 profesionais do sector do transporte de viaxeiros por estrada tanto españois como portugueses.

Estas cifras, moi positivas tendo en conta que se trataba dunha primeira convocatoria e un sector moi específico, estiveron acompañadas da satisfacción xeneralizada tanto de expositores como de visitantes.

Deja un comentario