+034 986 09 02 04 Venres 22 de Novembro de 2019

OS EDÍS DO PP REPÁRTENSE AS TAREFAS PARA FISCALIZAR AO GOBERNO LOCAL E A PORTAVOCÍA DO GRUPO RECAE NOVAMENTE EN VILLAR


Andrés Sampedro ocuparase de todo o relacionado con Educación n representando ao PP no consistorio de Ponteareas. ana e A PORTAVOC Cultura, e Festas. Silvia F. Táboas fiscalizará o Urbanismo e todo o vinculado con iso: vías e obras, PXOM e Patrimonio. Francisco J. Represas será o responsable de fiscalizar as concellerías de Deportes, Mocidade, Voluntariado, Seguridade Cidadá, Medio Ambiente e Parques e Xardíns. Lina Limeres encargarase de Comercio, Turismo e Servizos Sociais.

-Villar repite portavocía e ocuparase da área de Facenda, Emprego e Servizos Básicos.

Ponteareas, 18 de xullo de 2019.- O Grupo Municipal do PP de Ponteareas mantivo unha reunión para repartir o traballo de fiscalización e propostas entre os cinco concelleiros que están a representar ao PP no consistorio de Ponteareas.

A portavocía mantena Belén Villar, Licenciada en Económicas, e tamén será a responsable de fiscalizar ao goberno e facer propostas en materia económica, de emprego e servizos básicos.

Andrés Sampedro, Filólogo pola Universidade de Vigo, ocuparase de todo o relacionado con Educación, Cultura e Festas. “É unha persoa que xa ten experiencia niso e que sabemos que ademais de fiscalizar é experto na materia”.

Silvia F. Táboas, Licenciada en Arquitectura, responsabilizarase do tema urbanístico e todo o vinculado a iso. “Traballou no equipo redactor da EDUSI, da que tanto presume este alcalde, por tanto é coñecedora do proxecto e terá tamén que ocuparse de todo o relacionado co PXOM”.

Francisco J. Represas, profesor na Universidade de Vigo e sanitario especialista en Enfermería Familiar, fiscalizará e fará propostas para as concellerías de Deportes, Voluntariado, Seguridade Cidadá, Medio Ambiente e Parques e Xardíns, entre outras tarefas que lle foron encomendadas como velar por que o Goberno local fomente a Participación Cidadá e a Transparencia.

Por último, Lina Limeres, Técnico superior en Administración e Finanzas, autónoma e presidenta da Asociación Comerciantes Tea, será a responsable de Comercio, Turismo e todo o relacionado cos servizos sociais do Concello.

Deja un comentario