+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Setembro de 2019

A XUNTA SEGUE MANTENDO REUNIÓNS COS DIFERENTES COLECTIVOS INVOLUCRADOS NA LEI DE XOGO COA FINALIDADE DE ACADAR UN TEXTO CO MÁXIMO CONSENSO


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, mantiveron hoxe unha xuntanza de traballo con presidente da Confederación de Anpas galegas, Fernando Lacaci

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, mantiveron hoxe unha xuntanza de traballo con presidente da Confederación de Anpas galegas, Fernando Lacaci, co obxectivo de seguir escoitando a todos os colectivos involucrados e acadar así un total consenso na redacción final do texto da Lei de Xogo.

Durante a reunión, abordaron e analizaron os distintos aspectos do borrador da Lei, que se está tramitando actualmente, co obxectivo de recabar de forma directa as opinións das Asociacións de pais e nais, dado a importancia que ten que a protección das persoas, especialmente dos menores e colectivos máis vulnerables. De feito avanzouse en medidas para reforzar esa protección entre estes colectivos máis vulnerables, entre os que se atopan os menores de idade.

A Xunta está actualmente estudando todas as alegacións presentadas e seguirá mantendo conversas e reunións con todos os sectores implicados para actualizar a anterior Lei -foi aprobada en 1985-, coa premisa de adaptala aos tempos actuais e aos novos modelos de xogo. O borrador da Lei estivo en exposición pública na web de Transparencia da Xunta para que colectivos, interesados e cidadanía en xeral puideran enviar alegacións e suxestións antes da aprobación definitiva da norma.

O obxectivo principal desta Lei é adaptarse ás novas realidades e regular un xogo responsable, de aí que inclúa novidades como o reforzo dos controis ou a limitacións no número de establecementos e unha maior protección dos menores, incluíndo a obrigatoriedade de que todos os establecementos de xogo deberán ter control de acceso para evitar a entrada de menores e tamén das persoas que figuran voluntariamente no rexistro de prohibidos.

Deja un comentario