+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Setembro de 2019

CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DE ARBO


Actuará o vindeiro sábado 20 de xullo ás 20.00 h no Adro da Igrexa parroquial de San Cristovo de Mourentán

O Concello de Arbo programa dentro do “verán cultural”, un concerto da Banda de Música de Arbo o vindeiro sábado 20 de xullo ás 20.00 h no Adro da Igrexa parroquial de San Cristovo de Mourentán.
A Banda de Música de Arbo é unha das agrupacións musicais máis importantes no panorama musical galego e recentemente celebrou o seu 25 aniversario cunha gran homenaxe a unha historia chea de galardóns e recoñecementos polo seu excelente labor. Por exemplo, en 1999 conseguiu dar a sorpresa en Valencia ao lograr o Primeiro Premio e Mención de Honra (3ºcategoría) no Certame Internacional desta localidade, sendo a primeira banda de fóra da Comunidade Valencia en conseguir este afamado galardón.
Este concerto será un dos moitos que ofrece esta banda en Arbo, xa que están presentes na práctica totalidade de actos lúdico-festivos que se organizan, sendo por exemplo en Santa Cecilia ou no Concerto de Nadal cando mais visibilidade teñen, sen esquecer os espléndidos concertos dos máis novos da agrupación, no auditorio, en grandes e entrañables datas. É todo un privilexio para Arbo poder escoitar unha vez máis os seus instrumentos e melodías.

Deja un comentario