+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Agosto de 2019

OS ALUMNOS DA ESCOLA DE MÚSICA DE SOUTOMAIOR OFRECEN ESTE DOMINGO O SEU CONCERTO DE FIN DE CURSO


A entrada ao concerto é gratuíta ata completar o aforo

O edificio multiusos de Arcade encherase este domingo de música cunha nova edición do tradicional concerto de fin de curso que ofrecen os alumnos da Escola de Música de Soutomaior. O concerto dará comezo ás 12:30 horas e a entrada é totalmente gratuíta.
Este domingo é unha das datas que os alumnos da escola de música da Banda Artística de Soutomaior teñen marcada no seu calendario desde hai meses. Para eles supón, ademais dun paso adiante na súa formación musical tocando por primeira vez #ante o público, unha ocasión perfecta para demostrar os coñecementos adquiridos durante estes meses #ante os seus amigos e familiares.
Ademais dunha selección dos 86 alumnos que forman parte da escola, tamén participará o grupo tradicional da escola, chamado “ Armámola boa”. O repertorio estará composto principalmente por obras de iniciación musical alternando pezas clásicas con outras modernas que encherán de ritmo o auditorio.

Deja un comentario