+034 986 09 02 04 Martes 22 de Outubro de 2019

VERÁN CULTURAL EN SALVATERRA DE MIÑO


 

A Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, ven de presentar a programación que ofrece o Concello de Salvaterra ao seus veciños e veciñas para o verán, baixo o lema “Vive agosto en Salvaterra”.
Achegámonos ao mes de agosto e con el arranca a programación do Verán Cultural. Dende o Concello trabállase para ofrecer unha programación variada, para todos os gustos e idades, un programa feito e pensado para desfrutar en familia. Unha programación cultural de calidade, con unha proposta diversa, cargada de actividades e festas, onde todos teñen cabida, e que os salvaterrenses xa teñen nas súas casas, e que conta tamén cunha dimensión transfronteiriza a través da Eurocidade Monaçao – Salvaterra.
Cine, concertos, folclore internacional, folk, música, humor, Bandas de Música e gastronomía terán o seu espacio.
A programación arranca un ano máis o sábado 27 de xullo co FESTIVAL DE BANDAS
O luns 29 de xullo, no Recinto Amurallado, teremos o espectáculo de “O MUNDO A DANZAR.
Xoves 1 de agosto actuacións dos GRUPOS DE BAILE MODERNO DO CASAL, BAILE HIP – HOP CASAL E GRUPO VAI DE BAILE DE LIRA
Venres 2 de agosto, na Praza do Concello, FESTIVAL FOLCLÓRICA DA A.C. PONTENOVA
Xa un habitual na nosa programación, o sábado 3 de agosto, o Recinto Amurallado acollera o maior festival DJ ao aire libre de Galicia, O SON DA MURALLA,
O mércores 7 de agosto os máis cativos poderán desfrutar da FESTA DA ESPUMA no Parque Público A Canuda
O xoves 8 de agosto poderemos desfrutar dun espectáculo de teatro – comedia co CIRCO CHOSCO: RISCANDO O CEO.
O venres 9 de agosto actuación das corais de Salvaterra acompañadas pola Banda de Música de Salvaterra de Miño, na Praza do Concello.
.Sábado 10 ,Imos de GUATEQUE, música dos anos 60, 70 e 80 para todos os nostálxicos desa época, entre todos os que veñan caracterizados de época haberá un sorteo dunha viaxe.
.Mércores 14 de agosto Actuación de Coliño Bailongo e espectáculo infantil con Canta Baila con A GUAGUA Animación.
Xoves 15 e venres 16 de agosto CINE AO AIRE LIBRE, na Muralla, coas película infantil LOS INCREÍBLES 2 E LEO DA VINCI, MISIÓN MONA LISA

E entramos no último fin de semana de agosto e nos preámbulos da Festa do Viño do Condado, luns 19, martes 20 e mércores 21 de agosto, CURSOS/CATA . Prazas limitadas
Poremos punto e final a esta extensa programación coa FESTA DO VIÑO DO CONDADO DO TEA que este ano chega a súa 60 edición, viño, música, gastronomía fan unha conxunción perfecta e fan de esta festa unha das mellores da nosa comunidade. Con concertos musicais de LYS PARDO, LA SUPERSONIC, BUDIÑO, MONOULIPUS DOP, 2CON2 E 21 GRAMOS.
Este verán esperámosvos en Salvaterra de Miño, ven disfrutar con nos!

Deja un comentario