+034 986 09 02 04 Luns 24 de Xuño de 2019

6.000 persoas disfrutaron do desfile de Entroido en Mos


Erixíronse como gañadoras as comparsas de Chan do Bosque e Pereiras, recibindo os premios á mellor comparsa de adultos e á mellor carroza, respectivamente. A mellor comparsa infantil foi a porriñesa ‘Cousas’

O Desfile de Comparsas de Entroido do Concello de Mos, celebrado o domingo 15 de febreiro ás 17.30 horas na Avenida de Sanguiñeda, foi todo un éxito de afluencia contando con uns 6.000 asistentes entre o público, segundo estimacións da Policía Local mosense.

A concelleira de Cultura de Mos, Sara Cebreiro, fixo hoxe públicos os nomes dos gañadores do desfile que foron: a Comparsa ‘Espelliño espelliño’ da Asociación de Veciños Chan do Bosque (Mos), premio á mellor comparsa de adultos; a Comparsa ‘Moulin Rouge’ da Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras (Mos), premio á mellor carroza; e a Comparsa ‘Cousas’ (O Porriño), premio á mellor comparsa infantil.

Participaron un total de 21 comparsas das cales 18 estaban integradas por adultos e as 3 restantes eran comparsas infantís. En canto á súa procedencia, as comparsas inscritas eran un total de 12 do propio Concello de Mos e 9 doutros municipios. As comparsas mosenses participantes foron a da ANPA do Colexio de Atín, Santa Ana de Veigadaña, Abrente, Escravas da Virxe Dolorosa, Asociación Recreativa Cultural de Guizán, Asociación de Veciños Chan do Bosque (gañadora do premio á mellor comparsa de adultos), Asociación Cultural Celado, Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras (gañadora do premio á mellor carroza), “Chegaron os que faltaban”, A Cividade, “Vai de Varanda” e Asociación Rutas a Cabalo.

Tras o Desfile de Comparsas, ás 20.00 horas, deu comezo a gran verbena amenizada musicalmente pola orquestra Claxxon, que lles ofreceu a tódolos asistentes máis de tres horas de música e diversión. Xunto con Claxxon actuou Marcos Rodríguez, presentador do programa da TVG Os Favoritos e protagonista do musical ‘Hoy no me puedo levantar’.

Deja un comentario