+034 986 09 02 04 Venres 30 de Outubro de 2020

A XUNTA FINANCIARÁ A ADQUISICIÓN DUN VEHÍCULO PARA O CORPO DE POLICÍA LOCAL DO ROSAL


A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, asinou hoxe un convenio de colaboración coa alcaldesa, Ánxela Fernández

A Xunta financiará a adquisición dun vehículo para o corpo de Policía Local do concello de Rosal que se destinará fundamentalmente a tarefas ambientais.

Ese é o obxecto do convenio asinado hoxe entre a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e a alcaldesa da localidade, Ánxela Fernández. Ao acto tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

O convenio recolle un investimento de 35.000 euros para adquirir un vehículo que permita reforzar as tarefas de protección ambiental que realiza a policía local, tales como control de verteduras, permiso de queimas, ou vixilancia de mananciais ou traídas de augas.

Actualmente, o corpo de Policía Local -que o concello vén de ampliar- conta cun só vehículo, que non permite circular por camiños rurais ou pistas forestais. De aí a necesidade a urxente de adquirir este novo vehículo.

Esta iniciativa inscríbese na liña de colaboración que vén mantendo a Xunta cos concellos, especialmente os máis pequenos, para axudarlles a acometer actuacións que redunden en beneficio da veciñanza.

Deja un comentario