+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

A CORPORACIÓN MUNICIPAL DA LAMA APROBA AS CONTAS XERAIS DO ANO 2018 CUNHA ESTABILIDADE ORZAMENTARIA DE 782.268 EUROS E UN REMANENTE DE TESOURERÍA DE 575.106 EUROS


O Pleno aprobou por unanimidade a cesión do edificio do Centro de Saúde ao Sergas o que supoñerá un aforro anual duns 36.000 euros ás arcas municipais

 

A Corporación Municipal da Lama aprobou as Contas Xerais do ano 2018 que obtiveron unha estabilidade orzamentaria de 728.268,76 euros e arroxan un remanente de tesourería de 575.106,29 euros o que dá, en palabras do alcalde Jorge Canda, boa conta da estabilidade e solvencia económica do Concello da Lama. Así mesmo, informaron os concelleiros asistentes á sesión plenaria, nesta ocasión só os do PPdeG e Cidadáns, que a media de pago a provedores sitúase en tan só 16 días.

Por outra banda, a Corporación Municipal aprobou por unanimidade dos concelleiros presentes a cesión do edificio do Centro de Saúde para que poida ser transferido á Consellería de Sanidade o que supoñerá para o Concello un aforro anual duns 36.000 euros en concepto de gastos de electricidade e calefacción, limpeza e mantemento que ata agora viñan sendo asumidos polas arcas municipais.

Finalmente, cos votos a favor dos concelleiros adscritos ao grupo municipal do PPdeG aprobouse a delegación do Pleno no alcalde de competencias de contratación por importe inferior ao 10% dos recursos xerais do Concello para axilizar os labores de xestión municipal o que supoñerá que o rexedor poderá decidir sobre contratos inferiores a uns 150.000 euros sen ter que elevar ao Pleno a súa aprobación.

No capítulo de rogos e preguntas o concelleiro da oposición, único no Pleno, Andrés Cal Malleiro, de Cidadáns, solicitou aos concelleiros de Asuntos Sociais e Cultura e Deportes, David Carrera e Daniel Vidal, respectivamente, unha reunión de traballo para tratar diversos temas e propostas que foi aprobada de inmediato polo grupo de goberno quedando establecido que se marque unha data de común acordo para o encontro no Consistorio Municipal.

Deja un comentario