+034 986 09 02 04 Martes 17 de Setembro de 2019

A INESTABILIDADE ATMOSFÉRICA PROVOCA O APRAZAMENTO AO XOVES DA XORNADA DE PIRAGÜISMO PARA TODOS OS PÚBLICOS NO RÍO VERDUGO


 

O Concello da Lama tomou a decisión #ante a presenza intermitente de choiva e a baixada drástica das temperaturas

 

O Concello da Lama decidiu aprazar ao xoves 1 de agosto a celebración da xornada de piragüismo para todos os públicos no río Verdugo prevista para esta tarde #ante a inestabilidade atmosférica e a presenza intermitente de choiva e a baixada drástica das temperaturas.

A intención do grupo de goberno é acompañar esta actividade dunha mellor previsión metereolóxica para o vindeiro xoves e así favorecer unha maior confortabilidad aos case 200 participantes que se anotaron nas oficinas municipais para participar nesta actividade gratuíta realizada polo Concello da Lama desde hai uns anos.

Esta xornada de iniciación ao mundo do piragüismo, que agora se pasa ao xoves 1 de agosto, conta coa colaboración material e humana do Club de Piragüismo Vilaboa que facilita monitores experimentados así como as embarcacións necesarias para atender quendas de paseo horarios desde as 17 ás 20 horas.

Os participantes terán que colocarse obrigatoriamente chalecos salvavidas que facilitará a organización e estarán en todo momento supervisados por monitores do Club de Piragüismo de Vilaboa que irán explicando aos asistentes as nocións básicas sobre a embarcación que van tomar para coñecer a súa manexo e posibilidades de practicar este deporte de maneira ocasional ou competitiva.

Os monitores expoñerán tamén aos participantes os distintos modelos de piragua existentes e as súas diferenzas coas canoas. Tamén as principais técnicas para facer máis eficiente o traballo da palada na auga.

PRAIA LIBRE DE FUMES E ACCESIBLE PARA PERSOAS CON DIFICULTADES DE MOVILIDAD

A praia fluvial do Verdugo, que estrea a súa adhesión á Rede Galega de Prias sen Fume, conta con zona arborizada, espazos de sol e de sombra, mesas e todo tipo de servizos que fan deste lugar uno dos preferidos non só dos residentes e visitantes da Lama senón doutros municipios limítrofes.

O Concello da Lama, coa colaboración económica @de la Xunta de Galicia, realizou un importante investimento en materia de mellora da accesibilidade á contorna natural da praia fluvial para persoas con dificultades de mobilidade e, en especial, para aquelas con problemas de visión severa que dispoñen de todo un sistema de guías para favorecer o seu normal desprazamento polos distintos lugares que compoñen estas instalacións, incluídas os servizos e baños públicos como o acceso á cantina da praia fluvial.

Deja un comentario