+034 986 09 02 04 Xoves 05 de Decembro de 2019

A AGASP PUBLICA HOXE NO DOG A CONVOCATORIA DOS CURSOS DE FORMACIÓN ESPECÍFICA PARA A POLICÍA NACIONAL, POLICÍA AUTONÓMICA E GARDA CIVIL


Abarca un total de 30 cursos destinados a mais de 1000 profesionais das forzas e corpos de seguridade do Estado que traballan en Galicia

O Diario Oifical de Galicia publica hoxe os plans de formación para o segundo semestre deste ano para a Policía Nacional, Policía Autonómica e Garda Civil, cun total de 30 cursos destinados a mais de 1.000 profesionais das forzas e corpos de seguridade do Estado que traballan en Galicia.

A Policía Nacional incide na formación en menores e violencia de xénero, estranxeira, delitos cometidos a través de Internet e primeiros auxilios, a Garda Civil centrase en temas como a investigación de criptomonedas, as estafas a través da Internet, as licenzas de armas e o análises forense. E os axentes da Policía Autonómica recibirán formación en materia de violencia de xénero, incendios forestais, caza, drons e sobre a aplicación de xustiza sidenpolweb.

Prazas para a Policía Local
Cabe lembrar que onte foi publicado no DOG o plan de formación continua para o persoal da policía local e que se impartirá durante o último cuadrimestre do ano. Inclúe 42 actividades, preto de 700 horas de formación e máis de 900 prazas.

Durante os próximos meses impartiranse cursos en materias comúns, como tráfico e seguridade viaria, pero inclúense como novidade formación relacionada cos vehículos de mobilidade persoal (os “patíns”) ou a investigación de atropelos. Tamén haberá formación específica en materia de menores que abranguerá todos os ámbitos de intervención. Ademais, o Plan de formación inclúe dous cursos superiores: un en materia de urbanismo, medio ambiente e protección do patrimonio; e outro de actuación práctica ante os tribunais.

Deja un comentario