+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Agosto de 2019

LETE LASA ASEGURA QUE O PROXECTO MAR DE MAELOC QUE XUNTA AS TRES REGATAS HISTÓRICAS GALEGAS “AFIANZARÁ O NOSO LIDERADO COMO FOCO DE ATENCIÓN MUNDIAL DA VELA”


O proxecto xunta a Regata Rías Altas (11-14 xullo), o Trofeo Finisterre (19-20 xullo) e a Regata Rías Baixas do Real Club Náutico de Vigo que terá lugar do 13 ao 17 de agosto

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na presentación da Regata Rías Baixas do Real Club Náutico de Vigo (13-17 agosto) que xunto a Regata Rías Altas (11-14 xullo) e o Trofeo Finisterre (19-20 xullo) forma parte do Mar de Maeloc, un proxecto que o mandatario galego describiu como “unha das mellores decisións que a iniciativa privada ten tomado no deporte galego nas últimas datas”. Por iso, desde a Xunta de Galicia, dixo, “apoiamos este proxecto para conseguir o ambicioso obxectivo do proxecto: afianzar o liderado de Galicia como foco de atención mundial da vela, poñendo en valor asemade, a excelencia da nosa costa”.

Lete Lasa gabou a figura do bispo de Maeloc como “un dos máis importantes representantes de Galicia, o primeiro bispo elixido democraticamente e o responsable de que Galicia sexa celta”. Neste sentido destacou que os “80 cruceiros OCR, Performance, Race/Cruiser, Open e Sportboats que se xuntarán nesta Regata Mar de Maeloc Rías Baixas son tamén unha inmellorable homenaxe que render ás nosas orixes e a aqueles celtas que chegaron a Galicia en barco”.

O responsable do Deporte galego lembrou que “Galicia conta coa mellor materia prima, os mellores regatistas e as mellores regatas”, por iso, apuntou, “o convenio que asinamos coa Federación Galega, sumando todo o achegado desde a Xunta de Galicia, sobe un 42% máis que en 2018 ata chegar ata os 312.000 euros”.

Deja un comentario