+034 986 09 02 04 Sábado 30 de Maio de 2020

COMEZA A LXVII FESTA DO ALBARIÑO


  • Este ano a Festa do Albariño estrea novo selo de calidade ao converterse en Festa de Interese Turístico Internacional.
  • A alcaldesa desexa que todos e todas desfruten da “Festa do Albariño”, pero tamén aconsella que non utilicen calzado aberto para evitar posibles cortes e sobre todo que se beba con moderación.

 

O acordeonista Salvador Cores, máis coñecido como “Manso” foi o encargado de dar o pregón co que deu comezo a LXVII FESTA DO ALBARIÑO no que vai ser o primeiro ano como festa de interese turístico internacional. Despois de eloxiar o Albariño e as xentes de Cambados, recordou como foron os seus comezos cando se introduciu no mundo da música con tan solo 15 anos nos Clippers, no cal o director era o avó da actual alcaldesa Fátima Abal. “Manso” como non podía ser doutra maneira deleitounos a todos os presentes coa súa destreza á hora de tocar o acordeón.

Neste ano que a “ Festa do Albariño” é recoñecida co selo internacional a alcaldesa Fátima Abal quixo agradecer a todas e todos os veciños de Cambados e moi especialmente a todos os organizadores e visitantes a súa implicación nesta festa enogastronómica que se converteu na máis importante de Galicia e na segunda de España e anima a que todos gocen da hospitalidade dos cambadeses da nosa tolerancia, solidariedade e agarimo que nos caracterizou ao longo de todos estes anos, pero tamén quere aconsellar a todos e a todas que se beba con moderación, e que si se pode non se utilice calzado aberto, por mor dos posibles cortes producidos por cristais.

A alcaldesa e a concelleira de turismo Cruz Leiro queren que a seguridade e a protección sexa un referente nesta festa sobre todo no tócante á protección das mulleres, con tal motivo tivo varias reunións para programar a seguridade da festa coas demais administracións, e como novidade este ano contárase cun segundo posto morado onde se pode informar e denunciar calquera agresión, ademais o concelleiro de Obras e Servizos Samuel Lago incrementou a seguridade e a hixiene instalando máis aseos públicos e falando coa empresa de limpeza para incrementar as súas actuacións con mais recollida de lixo e por suposto mais baldeo das ruas, outra novidade que a alcaldesa ven de confirmar e  que se vai a instalar unhas barreiras ainticontaminación marítima, para así facilitar a recollida do lixo que poidan arroxar ao mar, e desta maneira que nos se vexan afectados os bancos marisqueiros da zona.

Este ano como nos anteriores buscouse o poder contentar a todos os visitantes con diferentes actuacións tanto musicais como de entretemento onde podemos contar con grupos tan variados como Treixadura o día 31, Chistrina Rosenvinge o día 1, Luz Casal o venres 2, Siniestro Total, Mala Rodríguez o sábado 3 que actuasen na praza de Fefiñáns totalmente gratuítas, ademais por distintas rúas e prazas emblemáticas do concello tamén se poderá gozar de música en vivo e de discotecas móbiles para os máis novos.

Na programación infantil contaremos ao longo destes días con obradoiros de xogos tradicionais, obras de teatro e o Mago Paco co seu espectáculo “ Hocus Pocus”.

Non podemos esquecernos do Túnel do Viño Rias Baixas no Salón de Congresos José Peña onde como todos os anos polo módico prezo de 15 euros pódese gozar dunha cata de todos os viños alí expostos.

A alcaldesa tamén quere lembrar que todas as actuacións pódense consultar no programa de festas que están á súa disposición e que se pode recoller na oficina de turismo, ou ben no concello.

Deja un comentario