+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Agosto de 2019

CONFIRMASE A ASISTENCIA MASIVA A ESTA EDICIÓN DA FESTA DO ALBARIÑO E BATENSE TODOS OS RÉCORDS


 

  • Xa están instaladas as barreiras anticontaminación

 

O ambiente que se respira en Cambados estes días é totalmente festivo, só hai que darse un paseo polas súas rúas para comprobar que este ano se están batendo todos os récords de asistencia de visitantes.

A alcaldesa Fátima Abal está en todo momento pendente de que todo salga perfecto e por este motivo ela e a concelleira Cruz Leiro atoparon un oco esta mañá para comprobar o funcionamento das barreiras marítimas anticontaminación que se instalaron para que todo o lixo que nestas datas tan especiais como é a Festa do Albariño son arroxadas ao mar, e póidanse recoller con facilidade e lograr así que estas non cheguen ás zonas de marisqueo, ou se penetren no mar e non poidan ser recuperadas para a súa reciclaxe, ocasionando un dano inmenso ao Medio Ambiente, na rúa puideron comprobar como este ano a afluencia de visitantes esta sendo espectacular e observaron como os visitantes gozaban cos seus fillos e fillas dos xogos tradicionais que están diante do concello, ao mesmo tempo que a charanga facía a mañá máis amena aos que se achegaban ás casetas para probar os viños Albariños.

 

Deja un comentario