+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Agosto de 2019

NOVO RÉCORD DE ASISTENCIA NUNHA NOITE ESPECTACULAR DA FESTA DO ALBARIÑO


  • A alcaldesa Fátima Abal supervisou persoalmente a seguridade das festas
  • A actuación de Luz Casal abarrotou a Praza de Fefiñáns con miles de persoas
  • Á primeira hora da mañá as rúas de Cambados xa lucían resplandecentes para unha nova edición da festa.

A alcaldesa Fátima Abal supervisou persoalmente a seguridade das festas, con tal motivo tivo unha reunión en primeiro lugar coas voluntarias do Punto Morado, para agradecerlle o seu esforzo e dedicación en algo tan importante como informar e axudar ás posibles vítimas de calquera tipo de malos tratos ou agresión, e desprazándose para reunirse no PMA con todos os mandos dos efectivos despregados para cubrir a seguridade das festas e coordinar o traballo.

Durante toda a noite as rúas de Cambados estiveron abarrotadas de xente gozando da Festa do Albariño e da súa gastronomía, pero se hai que destacar algún momento en concreto ese sen dúbida foi a actuación de Luz Casal que abarrotou a Praza de Fefiñáns, no concerto a artista ofreceu un gran espectáculo con cancións das máis coñecidas do seu repertorio, pero tamén os deleitou con temas do seu último disco.

Unha vez rematado o concerto a multitude repartiuse por todas as rúas lindeiras, e por suposto continuaron coa festa abarrotando novamente a verbena.

É de entender que nunhas festas tan multitudinarias a limpeza é algo fundamental e este ano a alcaldesa fixo fincapé neste sentido que conxuntamente cos seus concelleiros reforzou este servizo e os resultados pódense comprobar, xa que á primeira hora da mañá as rúas de Cambados volvían lucir novamente espléndidas para recibir unha nova xornada da Festa do Albariño.

Deja un comentario