+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Agosto de 2019

REMATADAS AS OBRAS DE MELLORA NA ESTRADA PROVINCIAL EP-5003 NO LUGAR DA LOMBA, ARBO


  • O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil,  comproba a finalización das obras  de mellora na estrada provincial EP-5003 no lugar da Lomba, en Arbo.

As obras deron comenzo no mes de maio, dacordo o convenio  asinado no mes de xuño de 2018 entre o Concello de Arbo e a Deputación de Pontevedra O investimento necesario foi de 233.091 euros, dos que a institución provincial achega o 70% e o goberno local o 30%. Unha vez finalizada a actuación, os tramos reformados transfírenselle ao  Concello.

A estrada atopábase en mal estado o que supoñía un perigo para os veciños do barrio, debido a que é un núcleo rural con vivendas que teñen acceso pola mencionada estrada.

As obras consistieron  na mellora do firme, a creación de senllas nos tramos antigos da estrada provincial, a renovación da rede de abastecemento e saneamento, a renovación da iluminación pública, o  retranqueo dun muro e a sinalización de toda a zona de actuación.

O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, informou que o proxecto foi unha proposta do Concello motivada pola necesidade de acondicionar dous tramos antigos da estrada que quedaron en desuso despois da construción da variante PPda vía, e da necesidade de instalar saneamento e abastecemento de auga, mellorar a iluminación e tamén nova sinalización”.  O rexedor segue informando, que melorar as infraestructuras de comunicación municipais que serven de acceso a distintas localidades do municipio, co obxetivo de favorecer as condicions de transito e seguridade viario, segue sendo unha  das prioridades desde goberno e que nos vindeiros anos seguirase mellorando ap calidades de todos os veciños e vecinas de Arbo, mellornado infraestructuras e camiños municipais, apertura de novia viarios, dotar de abastecimento e saneamento e mellorar os existentes entre moitqa otras propostas, sendo o centro da tercera Idade e o Punto de Atención Infantil o obxetivo mais inmediato.

Deja un comentario