+034 986 09 02 04 Venres 06 de Decembro de 2019

A FESTA DO ALBARIÑO MÁIS INTERNACIONAL BATE TODOS OS RÉCORDS DE ASISTENCIA CON MÁIS DE 250.000 ASISTENTES


  • Máis de 250.000 persoas participaron na LXVII do Albariño nestes días
  • A festa pecha un ano histórico sen incidencias de relevancia

A alcaldesa Fátima Abal vén de ratificar o que xa se observaba ao longo destes días na Festa do Albariño, e tras consultalo coas autoridades, estas estiman que nestes días de Festa visitáronnos máis de 250.000 persoas sendo os días de máis afluencia o venres e o sábado, como era de esperar

A alcaldesa Fátima Abal, quere agradecer novamente o civismo dos visitantes durante todos estes días e celebra moi positivamente que os incidentes fosen mínimos, aínda que como di a alcaldesa “aínda nos queda moito por traballar e mellorar esta festa que cada ano é máis multitudinaria, xa que aínda que reforzamos tanto os servizos hixiénicos e de limpeza instalando un total de 3 casetas de baños, máis un reforzo de 40 baños químicos colocados en varios puntos de afluencia masiva e facendo máis baldeos das rúas para unha limpeza óptima nas que se utilizaron 3 motobombas de baldeo, 3 varredoras mecánicas e sopladores que estiveron baldeando e limpando as zonas de máis afluencia e durante os próximos días continuásese con este traballo ata que todas as rúas queden en perfecto estado.

Pero todo isto aínda se antolla insuficiente e xa estamos a traballar para que na próxima edición dispoñamos de máis papeleiras e colectores ( na que nesta ocasión instaláronse un total de 75 colectores máis de orgánico, 15 de vidro e colectores de entullo) e que con este crecemento de visitantes está claro que necesitamos incrementalos, e instalásense carteis informativos para concienciar aos mozos da necesidade de depositar as botellas, os vasos, copas e plásticos nos mesmos, conseguindo ter un Cambados máis limpo e transitable, asemade que evitaremos moitos dos accidentes que se producen por cortes.

A alcaldesa quixo facer fincapé no gran traballo realizado polos concelleiros do seu equipo de goberno, os cales conseguiron como xa dicía anteriormente non só reforzar a limpeza e a seguridade, que nesta ocasión contaron con máis de 50 operarios entre municipais e da empresa Urbaser , senón que tamén a instalación da barreira anticontaminación foi todo en éxito, na cal axudaron na recollida Enol Ruiz e Diana Otero,  unha nova iniciativa para protexer o Medio Ambiente e para o ano que ven vai ser mellorada . Gracias a esta iniciativa puideron recoller centos de quilos de refugallos que por un motivo ou outro chegarían ata o mar.

A alcaldesa gran defensora dos dereitos da muller agradece enormemente o traballo desempeñado desde o Punto Morado, onde desde o primeiro momento estiveron traballando vinte voluntarias e voluntarios en total coordinación coa Garda Civil e a Policía Local, nos que ao longo destes días entregaron máis de 5.000 pulseiras, 5.000 fyers, 5.000 adhesivos e nas que atenderon todo tipo de incidencias, sendo tamén un posto disuasorio que conseguiu o mércores e o domingo non houbese ningunha incidencia.

Fátima Abal tamén fixo unha mención especial de agradecemento á implicación de todas as administracións, colaboradores e patrocinadores que fan posible que esta festa sexa todo un éxito.

Deja un comentario