+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Agosto de 2019

PUBLICADAS AS BASES DO LII CONCURSO DE GAITAS DO PAÍS


  • Os cuartetos interesados poden presentar a solicitude por rexistro de entrada ata o día 6 de setembro

A concellería de Cultura e Lingua do concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba, informa que xa están publicadas as bases do LII Concurso de Gaitas do País de Ponteareas 2019. Duas gaitas, un bombo e un tamboríl volverán encher de público as rúas do centro urbano e o auditorio municipal.

Ata o día 6 de setembro todos os grupos de gaitas que toquen con instrumentos tradicionais galegos poderán presentar as solicutdes no rexistro de entrada do concello de Ponteareas ata as 13 horas. As bases poden consultarse na seguinte ligazón da web do concello de Ponteareas https://ponteareas.gal/servizos/cultura/bases-cultura/

A LII (52) edición do Concurso de Gaitas do País promove e difunde a música tradicional galega sendo o referente máis antigo de maior recoñecemento de toda Galiza.

O número máximo de participantes será de vinte e realizarán unha ruada polo centro urbano antes de comezar o concurso.

O xurado do LII Concurso de Gaitas do País estará composto por recoñecidos gaiteiros e personalidades do mundo da gaita e da música tradicional de Galiza que acordarán catro premios dotados de:

1o PREMIO ……. 1.800,00 euros

2o PREMIO ……. 1.200,00 euros

3o PREMIO ……….900,00 euros

4o PREMIO ……… 600,00 euros

O primeiro premio tamén obterá unha gaita de Gaitas Gil e un tamboril de Sanín Percusión doado por Artesanía de Galicia.

Fernando Groba, concelleiro de Cultura e Lingua, anuncia que o festival terá lugar o vindeiro 21 de setembro e agarda que tras o éxito do ano pasado o público volva desfrutar dunha cita cos mellores sons da gaita tradicional.

 

 

Deja un comentario