+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Agosto de 2019

A ALCALDESA FÁTIMA ABAL CLAUSUROU O “OBRADOIRO CAMBADOS RUTA MARÍTIMA CAMIÑO DE SANTIAGO”


  • Fátima Abal apoia incondicionalmente este tipo de actuacións que dan formación a persoas en desemprego.
  • A alcaldesa confirmou que xa se solicitou á Xunta de Galicia un novo obradoiro que dea continuidade ao que onte se clausurou.

No día de onte a alcaldesa Fátima Abal clausurou o obradoiro de emprego “Cambados Ruta Marítima Camiño de Santiago”, que tivo unha duración de nove meses nos cales 10 homes e 10 mulleres cunha media de idade de 42 anos que estaban en situación de desemprego  e estivéronse preparando para poder atopar un traballo nunha das dúas especialidades, que se ensinou neste obradoiro.

As especialidades que se impartiron foron a de carpintería do moble, e xardinería forestal. Este obradoiro está subvencionado cunha axuda da Consellería de Economía Emprego e Industria no cal o concello de Cambados achega o persoal e os materiais para que poidan realizar os traballos pertinentes.

Puideron conseguir os certificados de profesionalidade nos seguintes cursos impartidos de:

  • Traballos de carpintería e moble (MAMD0209)
  • Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintería e moble (MAMD0109)
  • Actividades auxiliares en viveiros, xardín e centros de xardinería (AGAO0108)
  • Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (AGAR0309)
  • Porcentaxe de aprobados 90 %

Asemade recibiron unha formación transversal de:

  • Iniciación a informática (30 horas)
  • Sensibilidade medioambiental (9 horas )
  • Inserción Laboral: técnicas de busca de emprego (15 horas)
  • Creación de empresa (25 horas)
  • Formación en igualdade (10 horas)
  • Curso prevención riscos laborais (60 horas)

Fátima Abal enxalzou o gran traballo que todos os alumnos e alumnas realizaron durante a duración deste obradoiro, nos cales melloraron a contorna dos  centros socioculturais do rural, melloraron os xardíns e zonas no casco urbano  (axardinado e mantemento dos espazos verdes, plantación de plantas, podas, abonados, desbroces, etc), acondicionaron a senda fluvial na desembocadura Rio Umia, (colocación de valados, pasarelas de madeira elevados, carteis informativos, desbroces, recollida de lixo, etc), fabricaron mobiliario urbano (30 papeleiras, 6 mesas, 6 xardineiras, 6 carteis informativos, 6 vitrinas expositores acristaladas, varias estanterías, etc.), limparon o Monte da Pastora para protección de incendios (limpeza de zonas peonís, podas selectivas, desbroces, eliminación de vexetación invasora, etc.), acondicionaron e sinalaron as Rutas Xacobeas (melloras das sinalizacións e outros), repararon os parques infantís (instalaron e repararon os xogos nos parques infantís públicos)

Como novidade de esta volta presentouse información sobre as axudas de 1500 € para a contratación laboral por conta allea de alumnos traballadores do Obradoiro de Emprego, as empresas relacionadas coa carpintería e xardinería forestal, sendo varias as que presentaron solicitude para a contratación de alumnos do obradoiro. En estes momentos estase a tramitar as solicitudes por parte do Concello de Cambados.

No remate a alcaldesa Fátima Abal, agradeceu as axudas recibidas desde a Consellería da Xunta de Galicia que fan posible as creacións destes obradoiros, pero tamén quixo agradecer moi especialmente aos responsables da oficina de emprego de Cambados, aos profesores, administrativos e director deste obradoiro que conxuntamente cos alumnos e alumnas conseguisen tan bos resultados e deséxalles a todos os participantes que nun breve curto de tempo poidan incorporarse plenamente á vida laboral.

Deja un comentario